XORNAL ESCOLAR

IES de Beade, un centro de ensino diferente cun amplo programa de actividades

Acto de entrega dos Pasaportes Solidarios.
Acto de entrega dos Pasaportes Solidarios.
IES de Beade, un centro de ensino diferente cun amplo programa de actividades

O IES de Beade é un centro educativo diferente no Concello de Vigo. No  instituto consideran que as visitas didácticas, as excursións e as viaxes son unha excelente oportunidade de aprender ao tempo que convivimos e nos divertimos. É por isto que, ademais de numerosas visitas a Vigo e o seu entorno, realizan todos os anos a lo menos unha excursión de todo o día co alumnado de 1º e 2º de ESO, unha saída de dous días co alumnado de 3º de ESO á aula de enerxías alternativas de  Sotavento e ao museo da Tecnoloxía de Coruña, e unha viaxe de varios días a Atapuerca e ás Médulas co alumnado de 1º de Bacharelato. Ademais, o alumnado que remata a ESO realiza unha viaxe a unha capital europea, e o que remata Bacharelato unha viaxe a Madrid para visitar os diferentes museos da cidade e centros culturais de interés.
Programas educativos
No IES de Beade participan en innumerables programas educativos promovidos polo Concello de Vigo, pola Consellería de Educación, pola Unión Europea e por outras entidades. Entre eles, cabe destacar: programa “Vigo por dentro” (visitas didácticas de balde a lugares da cidade de especial interese), “Enlaza Vigo” (contra a violencia de xénero), Normalización Lingüística do Concello de Vigo, Contrato-programa de “Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros” e de “Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia“, Plan Proxecta (MeteoEscolas, O monte vivo, Mobilidade sostible e segura, Consumópolis...), programas da Cruz Vermella, e programas europeos como o Erasmus plus ou eTwinning, onde colaboramos con centros de varios países europeos.
Concursos e premios
O centro participa en diversas convocatorias de premios. No curso pasado unha alumna de primeiro de Bacharelato gañou o primeiro premio da Olimpiada Galega de Xeoloxía. Ademáis, un dos nosos proxectos europeos na plataforma eTwinning acadou o Selo Nacional e o Selo Europeo pola súa calidade.  Neste proxecto participaron coarenta alumnos de 2º e 4º de ESO. Tamén mereceron a mención de “proxecto de excelencia” pola participación no programa MeteoEscolas, dada a alta implicación do profesorado e alumnado do centro neste programa, e a calidade das actividades realizadas. Por outra banda, o grupo de alumnos do Club de Convivencia conseguiu unha mención especial pola súa participación no programa Pasaportes Solidarios, da Consellería de Política Social, que lles foron entregados pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez.
Clubs e actividades
Ofrecen ao alumnado a posibilidade de formar parte, de xeito totalmente gratuito, de diversos grupos e clubs e de participar en moitas actividades extraescolares, organizadas por profesorado voluntario, durante os recreos e os martes de 15 horas a 16:30 horas.
Así, contan cun Club de Ciencia, un Club de lectura, Club de convivencia “Bandeira branca”, con servizo de mediación, entre outros), actividades de reciclaxe, xogos cooperativos, actividades de xadrez, etc.
Parte destas  actividades desenvólvense na  antiga vivenda do conserxe, habilitada polo propio alumnado como espazo de lecer.
Celebran xuntos distintas datas, como o día da paz, o día contra a violencia de xénero, o día da muller, o Día das Letras Galegas, o Día dos Dereitos Humanos... En todos estes actos o alumnado participa activamente, sendo o protagonista dos mesmos.
Tamén, coa colaboración da ANPA, celebran as nosas festas populares, como o magosto e o entroido.
No mes de maio celebran unha “Semana de exposición de proxectos e traballos”, na que o alumnado expón o que fixo nos diferentes clubs ou nalgunhas materias. Ese día  son eles os que exercen de “profes” e explican ao resto de compañeiros, ao profesorado e ás familias que se achegan, moitas das cousas que aprenderon durante o curso.
O centro dispón dunha páxina web (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesbeade/) e dunha APP (para dispositivos Android, que se pode descargar no GooglePlay sen máis que buscar “IES de Beade”), que son actualizadas constantemente e nas que se comunican as novidades e eventos (ademais de polos medios tradicionais). Ademais, na web publícanse as actividades dos diferentes clubs e conta cunha galería de fotos  e vídeos das viaxes e actividades. Contan tamén coa “Televisión do IES deBeade”, que dá conta de charlas, actuacións, entrevistas e outros eventos salientables.
Portas abertas
Todos os anos celebran unha xornada de portas abertas para todas as familias que desexen coñecer de primeira man o centro. Este ano, será o próximo Mercores, 28 de febreiro, a partir das 18:30 horas.