Niño Lobo: "O pasado sempre marca o que un é hoxe en día, tamén no musical"

Niño Lobo, na súa visita ao set de Atlántico TV.
photo_camera Niño Lobo, na súa visita ao set de Atlántico TV.
“Eu sempre bebín de grupos pop e indie, se me saísen sempre temas co mesmo corte de cantautor, aburriríame”, di o cantautor vigués, que presenta “Aquel viaje del que no regresé”

O vigués Félix Da Vila Novoa está detrás do alcume artístico de Niño Lobo. O ex-vocalista de Baldosa Amarilla pasou polo set de Atlántico TV co seu disco en solitario “Aquel viaje del que no regresé”, que presentará este venres en directo no Sinattra Club.

 

 

Por que ese nome para esta nova etapa?

Rematou a miña anterior etapa con Baldosa Amarilla, un grupo localizado no Porriño. Non quería utilizar o meu nome para non relacionar esta faceta artística coa miña vida persoal. Gustoume Niño Lobo porque ten ese punto máis inocente e outro un pouco máis salvaxe por parte do lobo.

Afirma que non quere mesturar a súa vida artística coa persoal, nen embárgante, este é un traballo moi intimista.  

Por ese motivo buscaba escudarme no nome de Niño Lobo. Non o quería relacionar co meu nome. O disco marca un momento determinado na miña vida, reflicte a realidade do momento.

Son doce temas desenvolvidos a lo longo de dous anos. Hai un fío condutor?

A realidade é que cando comecei o proceso de gravación moitos dos temas aínda non existían. Na metade do proceso, que foi dende 2020 a 2022, xurdiron os últimos catro.

Amais do carácter de cantautor que lle dan as letras, ten un toque de pop a través das melodías. 

A miña banda anterior facíamos un son entre pop e indie. Eu sempre bebín de grupos deses estilo do panorama nacional. Se me saísen todos os temas do mesmo corte de cantautor, aburriríame.

Entón non hai unha ruptura total con Baldosa Amarilla?

O pasado sempre marca o que un é hoxe en día, tamén no musical, polo que non hai unha ruptura total coa miña anterior etapa.

O álbum xa está subido as principais plataformas, pero tamén vai saír unha edición limitada moi especial. Como xurdiu esta idea.

O título do disco vén dunha das frases da primeira canción que saquei, “Resucitándonos”, que fala dunha viaxe, dun cambio de etapa. Cando pensei no formato non quería unha tirada moi grande, nen me interesaba o tema do cd, porque cando me regalan un a min, non sei onde poñelo. Non teño reprodutor e sempre remato escoitándoo nunha plataforma. Busquei algo relacionado coas viaxes, pensei nas postais. Contactei cunha compañeira, Águeda Lojo, que é profesora de Belas Artes e funlle pasando as canción conforme as compuña. Ela pintou o que se suxería cada una. Ao final resultou case igual a como o tiña imaxinado.

Ten case unha concepción para coleccionista.

Vai ser unha tirada pequena porque é un formato diferente, acorde ao meu proxecto, cun estilo moi coidado. 

Tódalas cancións son temas propios, agás dúas onte conta coa colaboración de Raúl Ben e Fon Román.

A de Raúl foi escrita entre os dous, cada un na súa casa íamos mandando estrofas por Whatsapp. E a colaboración de Fon Román fíxome moita ilusión porque Los Piratas foi un grupo que marcou toda unha etapa de miña vida e cando aceptou participar no disco, para min foi o mellor. 

Cal é o seu teito con este disco?

Dende que comecei a concibir este traballo, o obxectivo era gravar os temas para min e unha cousa foi levando a outra ata chegar aquí. A realidade non teño máis intención que presentar todo o que teño.

Te puede interesar