val miñor

Acordo político en Nigrán para facer oito obras veciñais

Unha das rúas que entrarán na lista de oito obras pactadas na Corporación municipal.
photo_camera Unha das rúas que entrarán na lista de oito obras pactadas na Corporación municipal.

O investimento será de case que 700.000 euros no Plan Concellos da Deputación

n n n O goberno de Nigrán acordou nunha xunta de portavoces cos representantes dos diferentes grupos municipais os investimentos que se presentarán ao Plan Concellos 2018 da Deputación. O alcalde, Juan González, ofreceu diferentes propostas con proxectos xa avanzados e, cun consenso absoluto, seleccionáronse oito obras por valor de 676.030 euros, todas demandas polas entidades veciñais. 
"Propuxemos un abano amplo de posibilidades e, entre todos e unanimemente, se elixiron os principais investimentos de 2018. Todas son obras demandadas reiteradamente dende as entidades veciñais", resume o alcalde. Estas inclúen o saneamento das rúas de Nigrán Lagoíña, Xestal e Palomar (198.987 euros); humanización da rúa Cean (101.245) e rúa Igrexa de Chandebrito (82.678), renovación das beirarrúas da contorna do Pavillón Municipal (101.626 ); acondicionamento da rúa Rial que une Panxón e Prado (46.823); saneamento e abastecemento na Areíña de Parada (46.272); construción dun muro de contención no Cemiterio de Camos (54.450 ) e, finalmente, dotar cunha pista polideportiva a contorna do Pavillón Municipal (43.946 ). "Os técnicos municipais traballan dende hoxe mesmo na tramitación destos investimentos acordados para presentalos ao Plan Concellos 2018, ademáis, o goberno os incluirá no orzamento de 2018", sinala o rexedor.
O goberno de Nigrán considera prioritario ir dotando de saneamento e abastecemento ás diferentes parroquias, con este obxectivo se abordará o saneamento de Lagoíña, Xestal e Palomar, zonas ncluídas no convenio que revogou unánimemente a Xunta en 2015 e que afectaba tamén a Parada (onde o Concello tamén asumiu as obras). Ademáis, a zona da Areíña de Parada tamén se lle dotará de saneamento e abastecemento.
A accesibilidade contemplada no proxecto 'Un Nigrán para todos' abrangue a metade dos investimentos aprobados. Aquí se atopa a humanización da rúa do Cean, ampliándose en tres metros lineais que permitirán a construción de beirarrúas e aparcamento grazas a cesión de terreo do propietario Jorge Lence. Ademáis, se renovarán tódalas beirarrúas da contorna do Pavillón Municipal. Finalmente, se contempla a humanización da rúa Igrexa de Chandebrito, unha estrada que atravesa o núcleo histórico desta parroquia.

Te puede interesar