Morrazo

Estrea da primeira ópera folk galega.

Moaña acollerá en maio a estrea da primeira ópera folk galega, segundo anunciou o músico Anxo Pintos, quen participa nesta produción. María Soliña, obra do compositor Nacho Mañá, verá a luz o vindeiro 8 de maio no Auditorio de Cangas, con direción a cargo de Roc Fargas, un libreto asinado por J.R. Bustamante, o director de cine Sigfrid Monleón e un elenco onde estarán a célebre soprano Carmen Durán, o actor Lois  Soaxe, Integrantes da OSV 430, o gaitero Anxo Lorenzo e Anxo Pintos á zanfona.
Comentarios