Cartas al director

HIMNO DO CENTENARIO DO CELTA

nO Real Clube Celta está a recibir, con motivo dos cen anos de existencia, moitos homenaxes aos que como socio histórico me uno co meu particular himno que na miña opinión reflite a grandeza deste clube.

Centenario do Celta Mirando ao Mar

Hai anos ao pé do mar dunha fermosa vila
Dous equipos de fútbol había
De nomes Vigo Sporting e Real Fortuna
Foi entón cando uns afeccionados decidiron
Que cada un polo seu lado pouco ían acadar
E que a unión de ambos se tiña que facer 
Comezando polas cores que lle debían dar 
Así camiseta azul como as augas do mar
E pantalón branco como a escuma
Que deixan paseniño as ondas voadores
Cando se achegan aos areais
Como nome elixiron o dunha raza
Aristocrática melancólica, dominadora, e mesmo heroica
Celta debería de ser
De escudo a Cruz de Santiago
Porque o Celta é peregrino
Pois o seu nome o leva o mar
Agora tan só faltaba que esta decisión
Tivese aceptación por parte dunha afección
A resposta a tiveron
Cando por primeira vez saltou o equipo ao campo
Un só afervoado berro se escoitou
CELTA, CELTA, CELTA!