vigo

Carmela Silva reinvindica o papel da muller xornalista

Silva e Lores presentaron as xornadas xunto ás organizadoras.
photo_camera Silva e Lores presentaron as xornadas xunto ás organizadoras.

 A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou no Concello de Pontevedra o “Encontro de Mulleres Columnistas: as mulleres que opinan son perigosas” xunto a Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; Digna Rivas, deputada provincial; Carmen Fouces, concelleira de Igualdade; Susana Pedreira, xornalista e organizadora do evento, e María Varela, xornalista e columnista participante nas xornadas. O encontro será un foro que reunirá a mulleres columnistas de diferentes xeracións e perfís, todas elas profesionais do xornalismo e da escritura que, a través de relatorios individuais, entrevistas e coloquios, reflexionarán o 2 e 3 de marzo sobre a realidade do xornalismo de opinión en España.
Durante a presentación do evento que acollerá Pontevedra a comezos do vindeiro mes, a presidenta da Deputación de Pontevedra resaltou que “na sociedade a muller sempre está infrarrepresentada e no caso do xornalismo os datos son escandalosos, xa que o 64% das persoas coa carreira de xornalismo son mulleres e, sen embargo, é un sector dirixido maioritariamente por homes, de feito o 89% dos postos de dirección dos medios do noso país está ocupado por homes. Está claro que algo falla”. 
Pola súa banda, o alcalde de Pontevedra afirmou sentirse encantado “de que a nosa cidade acolla unhas xornadas tan necesarias que son unha resposta ao machismo existente nos medios de comunicación, especialmente no que se refire ás mulleres que opinan”. 

Te puede interesar