Premios Mestre Mateo

“O Corno” e “Matria”, grandes vencedoras nos Mestre Mateo

“O corno” logrou o Mestre Mateo que a coroa como a mellor longametraxe. // Andrea Morandeira
photo_camera “O corno” logrou o Mestre Mateo que a coroa como a mellor longametraxe. // Andrea Morandeira
O filme de Jaione Camborda foi a obra máis premiada da noite ao facerse con sete galardóns

Onte déronse a coñecer as gañadoras dos Premios Mestre Mateo no transcurso dunha gala celebrada no Coliseum da Coruña.  A serie “Rapa’” e as longametraxes “O corno” e “Matria” partían como favoritas, acaparando 42 candidaturas. O filme de Jaione Camborda foi a obra máis premiada da noite ao facerse con sete galardóns: Mellor dirección de arte (Melania Freire), Mellor maquillaxe e perruquería (Bárbara Brouke, Lorena Clavo e Silvia Neira); Mellor son (Sérgio Silva e David Machado); Mellor vestiario (Uxía Vaello) e Mellor longametraxe. A directora alzouse cos premios a Mellor dirección e Mellor guión.

Pola súa banda, o equipo de “Matria” recolleu os trofeos a Mellor dirección de fotografía (Lucía C. Pan) e dirección de producción (Nati Juncal) e María Vázquez como Mellor interpretación feminina protagonista; Susana Sampedro como Mellor interpretación feminina de reparto e Santi Prego como Mellor interpretación masculina de reparto.

Rapa”, votada polas académicas e académicos como Mellor serie de TV, tamén gañou os premios a Mellor montaxe (Gaspar Broullón, Julia Juanatey, Lucía Iglesias) e Mellor música orixinal (Xavi Font).  “A arte de ser mal pai” da produtora Miraveo, obtivo o Mestre Mateo a Mellor serie web.

O actor compostelán Tamar Novas volveu recoller o premio a Mellor interpretación masculina protagonista, polo seu papel en “¡Salta!” e a intérprete e humorista coruñesa  Lucía Veiga foi recoñecida, nesta ocasión, como Mellor comunicadora, polo seu traballo en “Malicia Noticias”. Completan o listado de profesionais galardoados os ourensáns Alba Prol e Raúl García, que xunto a Jairo Iglesias levaron o premio na categoría de Mellor Realización, polo seu traballo en “O Gran Camiño. Grandes Rutas a Pé do Mundo”.

“Os espazos en branco” impúxose na categoría de Mellor documental. Pola súa banda, “Cos pés na terra” acadou o premio a Mellor programa. O videoclip de C. Tangana para o R.C Celta de Vigo “Oliveira dos cen anos” venceu na súa categoría e “Chama a miña neta” alzouse co trofeo a Mellor anuncio publicitario.

Te puede interesar