PÓDESCHO CRER?

Poñen na mesa de invitados todos os pratos cos seus respectivos ingredientes para que os contemplemos, devorémolos, gústennos ou non, mentres eles non senten o máis mínimo rubor.

Estamos ante as técnicas de manipulación máis atroces da era moderna e de alcance máis amplo e efectivo que xamáis coñezamos. Resulta que son capaces de autoridiculizarse con tal de manter entretida, distraída e ocupada ás masas, a multitude, o xentío, e mantela así afastada da realidade e do que realmente debería preocuparlles.

Ofrécense voluntariamente ou son elixidos por quendas para lanzar a “frase do día” ou para presentarse ante os micrófonos e pronunciar a sandez da semana?

Supoño que non se che ocorrerá a ti, amigo/a lector/a, que estes realmente son así, por que si en realidade pensásemos que “estes son así” deberiamos poñerlle fin, xa.

Non che preocupes, non se van a ruborizar o máis mínimo por que saíron á palestra e dixeron aquela frase que lle prepararon desde os despachos de asesores e conselleiros. Non, saben o que fan á perfección, téñeno moi claro. Do que se trata é de que se enchan espazos na televisión con debates, reénchanse programas de radio, prodúzanse titulares na prensa. Deste xeito, o teu e eu, todos, permaneceremos sentados, quedos, discutindo sobre esta ou aquela metedura de pata, ou comentaremos o último que dixo este ou aquel sobre determinado asunto do día.

Si a isto engádeslle o que, cando a noticia sí merece a atención, é preocupante ou vai sentar mal á poboación, existe a censura, a ocultación da realidade, a tergiversación ou a manipulación do dato, entón temos que, do que realmente está pasando, non nos decatamos.

Isto sucede e lévache a pensar en que, fagas o que fagas, estás participando do “sistema”, sen querelo estás facéndolles o xogo, favoréceslles. Sen premeditalo, estás colaborando a distraer. Si encima páganche, como aos tertulianos, os, en aparencia, dun lado e o outro lado, creando confusión e enfrontamentos entre os do outro lado da tele ou a radio, entón temos ante nós, o cúlmen do sistema, o clímax dos seus creadores e o orgasmo dos seus beneficiarios, e a frustración dos de abaixo por que ven que, de novo, metéronnola. Pero para entón xa será tarde, picamos, e mentres nos sacudimos os lodos daqueles pos estamos recibindo outra sacudida penetrante e lacerada e esperamos que desta si sexa a verdadeira e podamos obter algún resultado placentero ou esperanzador. Pois vai ser que non, tampouco desta vai ser.

No que debería estar centrada o xentío, a multitude, as masas, a sociedade, é en que a máis gorda de todas metéronlla fai algo máis de dous anos cando prometeron o que despois non cumpriron, logo continuaron con mentiras, máis mentiras e máis mentiras, tomaron as decisións máis atroces que se poidan tomar, produciron a maior cantidade de vítimas da historia da democracia, (creo que se chaman “danos colaterales”), levaron a España á ruína na que agora estamos e permanecen aí, todos os días, ata que cumpran os seus obxectivos.

Mentres tanto pasa o tempo, lanzarannos outra andanada de chorradas para distraernos á vez que toman algunha que outra decisión impopular, disfrázannola de “sabe deus son que peregrina sinrazón”, nin se inmutan nin ruborizan e continúan elaborando a próxima. En fin, parece que este asunto é demasiado cansino. ¿Que che parece a última metedura de pata de Montoro ou a de Sáez? ¡Bo, bo!, e a da Monserrat Gomedio con que a folga é para que cobren máis os profes? Esa é o leite! Por certo, recordas o “que se fodan”, o de que as enfermeiras ían estar buenorras na sanidade privada, ou as peras e as mazás?

Para escribir un libro interminable mentres tomamos un relaxing cup of café con leite in calquera parte e seguimos discutindo.

Te puede interesar
Más en Cartas al director