hermanos touceda

Hermanos Touceda Barreiro-Maderas explota e despide aos seus traballadores. A empresa madeireira Hermanos Touceda Barriero-Maderas, situada na vila da Estrada, ven de ser denunciada pola CNT polas lamentábeis condicións laborais nas que tiña aos seus traballadores, así como polo despedimento sen indemnizar que supuxo o feche non razonado da empresa.

Nesta empresa os incumprimentos eran variados e chegaban à totalidade das condicións laborais: realizábanse contratos temporais realizados en fraude de lei, non se permitía o desfrute do mes de vacacións completo, ou non se realizaba o pagamento das pagas extraordinarias.

Con todo, no mes de novembro o empresario precedeu ao despedimento dos seus traballadores sen lles aboar cantidade nengunha en concepto de indemnización e sen pagarlles os salarios correspondentes aos meses de Xullo, Agosto e Setembro.

Desde a CNT denunciamos o comportamento explotador desta empresa e iniciamos unha campaña de denuncia e protesta, exixindo o pagamento de todas as cantidades adebedas por parte da empresa, para o que levaremos a cabo todas as accións sindicais que consideremos necesarias neste sentido.

Te puede interesar
Más en Cartas al director