unha estrada no medio da nada, malversación de fondos públicos

Escribir sobre un tema delicado e que aínda está moi presente na nosa vida é unha tarefa complexa, un non pode poñer o primeiro que se lle veña á cabeza sen ter certos datos verificados, por moito que pense que leva razón.
Pero dende logo, o que si que é complexo é falar 'Dunha estrada no medio da nada ou a malversación de fondos públicos' ou como lle tiña pensando poñer nun primeiro momento 'A Ecopista de Salvaterra-As Neves'. Que a persoa que esta lendo isto non pense que vou analizar os diferentes problemas da Plataforma Loxística Industrial Salvaterra-As Neves, que abarca dende o seu nacemento até o recente conflito mineiro. Por suposto, tamén sería interesante comentar a política do Partido Popular de facer polígonos industriais en todos os lados e que ao final só benefician aos que se reparten o pastel, como no caso de Salvaterra co 'pelotazo' urbanístico permitido dende o equipo de Goberno de Arturo Grandal, que deixou un pobo cheo de edificios a medio construír. A Ecopista de Salvaterra-As Neves ou tamén coñecida como modificación do enlace Puzo-Lira é unha estrada de dobre sentido e dobre carril que conecta a saída da autovía Ourense-Vigo coa PLISAN, de aproximadamente 6km. A súa función é a de dotar de boa comunicación este mega-proxecto. Sen embargo, ao marxe da paralización actual da PLISAN que daría para outro (ou moitos outros) artigo non parece ser tan obvia para todos, xa que dende a chegada á Xunta de Galicia do Partido Popular non se fixo outra cousa que usar este mega-proxecto para conseguir votos. A estrada foi paralizada en numerosas ocasións, podendo servir así de ferramenta para gañar votos, o método usado é moi sinxelo: cando viñan as eleccións os medios de comunicación acudían en masa a quitar aos políticos do Partido Popular que anunciaban a posta en marcha das obras, uns meses despois parábanse outra vez. O que sentíamos -e sentimos- a maioría dos cidadáns do Condado non foi outra cousa que un Déjà vu. Na actualidade, as obras seguen paradas, tanto a da PLISAN coma a modificación do Enlace Puzo-Lira, sen embargo os veciños e veciñas, nunha sinal de protesta contra a mala comunicación que existe entre as parroquias para poder visitar o parque de A Canuda (outro mega-proxecto) e pasear pola beira do miño con clima tropical, decidiron usar esta infraestrutura pública para pasear, patinar, andar en bici ou correr ( poden ir a comprobalo senón me cren).

En definitiva, hai que reiventarse, temos a oportunidade de usar esa infraestrutura para practicar deporte e en especial esas tardes de domingo en compañía da familia e amigos, así que xa saben, se este nadal sentides que vos atopades algo pesados despois de tanto doce podedes ir á Ecopista Salvaterra-As Neves que, ademais, tamén é un sitio fantástico para probar moitos xoguetes despois de que pase Papá Noel ou os Reis.

Te puede interesar
Más en Cartas al director