A CNT, contra a represión. Quen fai a Lei fai a trampa

O conxunto de reformas coordinadas que endurecen leis como a de seguridade cidadá, de seguridade privada, do aborto, e do código penal, xunto á anunciada nova lei de servizos mínimos ou a lei de procedemento penal, péchanse como un puño fronte aos traballadores e a sociedade en xeral, ameazando con golpearnos con máis forza que nunca.
A CNT afirma que non estamos ante unha regresión senon que nesta ocasión o Estado mostra a súa verdadeira face e prioridades á poboación. O goberno, o seu axente executor, lonxe de por en marcha mecanismos para afrontar a pobreza, xerar emprego, servizos sociais e aumentar os dereitos civís, elixe a represión como a única via para manterse no poder tratando de afogar a contestación social ás súas políticas de explotación e espolio de dereitos a través do medo.

A elección da represión mediante multas ten ademais outros obxectivos: a inmediatez da sanción, ocultar a violencia policial, xudicial e carcelaria, que desde logo non deixarán de usar, pero que a fará invisible para boa parte da sociedade. Ademais, as multas gubernativas xeran indefensión xurídica ao ter menos garantías mesmo que un procedemento penal, xa que sí cabe como defensa ao recurso administrativo agora mesmo prohibitivo coas novas taxas xudiciais. E para iso parecen non bastarlle as diversas policías, coa nova lei de seguridade privada outorgan novas competencias a esta parapolicía para interrogar, cachear e deter en espazos públicos ademais de permitirlles acceder a ficheiros policiais.

As liberdades esenciais están en perigo, a acción sindical e social está ameazada coa tentativa dunha lei de servizos mínimos de folga, a nova lei de procedemento penal coarta a liberdade de información sobre casos de corrupción que estean xudicializados, tamén está en xogo a liberdade sexual e reprodutiva coa intromisión ideolóxica da dereita máis rancia e do nacional-catolicismo, ademais como pano de fondo; o endurecemento xeral e inhumano do código penal.

Para iso, o Estado e o capital necesitan máis material antidisturbios, macrocárceres e aquí, por suposto, non hai recortes senon aumento do gasto, e insistimos, onde non chegue a seguridade 'pública', chegará a privada. O goberno tenta crear unha ficticia sensación global de inseguridade na poboación utilizando os medios de comunicación que controla, lanzando globos sonda co avance do catálogo de sancións para logo aparentar rebaixalo.

Con estas leis non só algúns partidos quitanse a careta senon que outros tentan ocultarse tras outra, facendo o papel de oposición, pero nós lembramos a 'Lei Corcuera' do PSOE e outras normas represivas que deberían bastar para que ninguén sexa enganado de novo e deposite a súa esperanza no voto, confiando nunha clase política corrupta ao servizo do capitalismo. Atacan as formas clásicas de resistencia e o apoio social ás organizacións combativas cultivando o medo e tentan deter as protestas sociais, promovendo o colaboracionismo cidadán co orwelliano 'concepto integral de seguridade pública', que de facto supón laminar os dereitos de manifestación, libre expresión, folga, informacion e liberdade sexual. Unha parte destas novas leis están feitas para reprimir expresións de rebeldía recentes como son o movemento antidesahucios, certos sectores do 15-M, as ocupacións, acampadas en prazas...

Só a través da loita e a solidariedade poderemos enfrontar este grave ataque ás liberdades e dereitos da clase traballadora. Con esta estratexia coordinada de leis represivas o capital, a través do estado, pretende asegurar os seus privilexios xestionando a súa democracia en crise e criminalizando as revoltas que xera a pobreza.

A CNT estará na rúa opóndose a esta agresión social en todas as súas formas. É necesaria unha resposta organizada, colectiva e contundente. Se o medo empobrece e a represión amordaza, a loita é o único camiño.

Te puede interesar
Más en Cartas al director