2013 o da crise, 2014 a miseria?

Despedímosnos dun ano onde o PP consumiu o séu segundo de mandato pleno de mentiras e de escándalos.
Un ano malo para os traballadores pola traxedia do desemprego cuxo incremento non parece ter fin. Un ano horrible porque os salarios seguen á baixa sen que iso estimule á patronal a crear emprego. Un ano horrible para os desempregados que perden toda esperanza de reencontrarse cun posto de traballo acorde aos seus esforzos é necesidades.

Un ano de pena para a educación pública dos nosos mozos coa aprobación no parlamento do 'rei' da lei Wert que dificultará as ansias de cultura dos fillos das clases populares mentres favorece aos fillos dos ricos a costa dos primeiros. Un ano para esquecer porque o catecismo vence a libro, a intolerancia á cordialidade e a paz nas aulas. Un ano horrible para os nosos mestres é profesores da pública aos que se lles esixe esforzos, sen compensación e sen liberdade para educar.

Un ano de pena para a sanidade pública onde os gobernos das autonomías proseguen a privatización da mesma, favorecendo a empresaurios que ante o fracaso do ladrillo apostan pola sanidade como o negocio do século. Menos médico, menos persoal, menos atención e máis colas de espera.

Un ano fatal para a convivencia democrática entre españois onde as diferenzas sociais aumentan a velocidade de crucero e as diferenzas políticas consolídanse a través duns parlamentos dominados polo bipartidismo de quenda que burla a máis xenuina monarco-democracia.

Un ano de abusos para a muller, para máis do 50% da poboación polo cruel e persistente machismo da outra parte da sociedade. Un ano onde o ministro “ progre ” do PP apuñala a liberdade da muller a dispoñer do séu corpo cunha lei anti-aborto , a máis retrograda de Europa.

Un ano horrible porque segue a xustiza en paradero descoñecido, ausente para a maioría dos españois e onde os fiscais se re-converten en defensores dos que a sospeitas fundadas dos poucos xuíces que se atreven a avanzar por ese camiño da clarificación e exuiciamiento do delito son autores de cohechos, prevaricaciones, desfalcos e abusos mil. Un ano para lembrar que estamos sendo gobernados por una banda de cacos!!.

Te puede interesar
Más en Cartas al director