Non convén ser home de letras nin dos que viven das actividades máis ou menos literarias. Mellor ser banqueiros ou grandes negociantes, ou futbolistas de equipos de primeirísima división e outros de mellor casta que aparecen logo abandonando á forza a súa posición en el Banco Tal Internacional ou ser un deses políticos “listísimos” con ese xogo de recibir “pasta ad memoriam propia”, --toma!… e outros personaxes máis ou menos así, que fuxen logo dos chanzos dos xuzgados. É broma, o que quero dicir é que esta xente non len apenas poesía (por desgraza para eles) e quixese referirme a un poeta importante hoxe que nos inspira a conseguir o que desexamos si nos esforzamos.
Cóntame un amigo intimísimo de outro ídem que tiña coñecido hai algún tempo un poema moi fermoso obra de Rudyard Kipling e pregoume por qué non o pasaba ao galego. Deixéime querer un anaquiño e despois traducino rápidamente non fose que me pisase a tradución algún poetiña común e…adiante! (polo menos podo dicir que colaborei con ise grandísimo Rudyard Kipling. E logo? Espero que o lean e falen ben de Kipling, claro. En galego sairá tan belo o texto…Iso espero humildemente e ademáis así deixo contento a un bo amigo pedichón. Vale…Se darán conta do importante e fermoso moralmente que é e será cousa de non esquecelo nunca. Ogallá o lean moitos).
Iniciamos. Fala o poeta:
Si gardas no teu posto a cabeza tranquila,/cando todo ao teu lado é cabeza perdida./Si tes en ti mesmo unha fe que che negan/e non desprezas nunca as dúbidas que eles teñan./Si esperas no teu posto, sen fatiga na espera./Si enganado, non enganas./Si non buscas máis odio, que o odio que che teñan./Si es bo, e non finxes ser mellor do que es./Si ao falar non esaxeras, o que sabes e queres./Si soñas e os soños non che fan o seu escravo./Si pensas e rexeitas o que pensas en balde./Si alcanzas o triunfo ou chega a túa derrota,/e aos dous impostores trátaslles de igual forma./Si logras que se saiba a verdade que falaches,/a pesar do sofisma do Orbe encanallado./Si volves ao comezo da obra perdida,/aínda que esta obra sexa a de toda a túa vida./Si arriscas dun golpe e cheo de alegría,/as túas ganancias de sempre á sorte dun día,/e perdes, e lánzasche de novo á pelexa,/sen dicir nada a ninguén o que es, nin o que eras…
(Ben, aquí vou rematar porque teño amigos que aseguran que o mellor é que cada un siga o camiño de Rudyard Kipling. Paga a pena buscar o que falta e cada un de nós quedará máis contento de ler ao poeta premio Nobel.