Opinión

O que o vento non ha levar

Xuro que nunca máis volverei pasar fame, foi o título que coordinou meu caro Xabier Cordal para o colectivo das Redes Escarlata. Para que saiba a ignominiosa ignorancia totalitaria e fascista, as RR.EE. son de inspiración marxista, froito nutricio da negada nación galega.

Teño a honra de estar entre os/as poetas que conformaron ese volume. “Síntoo moito. Trabuqueime, pero non volverá ocorrer” (“Lo siento mucho. Me he equivocado y no volverá a ocurrir”. Así desculpouse El-Rei de España. Todo e nada desta oración (subordinada?), constitúe un dislate previsto pola semioloxía, máis alá da posibilidade e análise de calquera que sexa a estrutura da linguaxe. A socialdemocracia irada que tamén conforma e non conforta á sociedade española actual, incluídos PSOE e PP, nacionalismo ‘periférico’ (como gustan de dicir, se a ocasión o requere, entre outros, o españolista Fernando Savater, citando a Ortega y Gasset, cando non a Julián Marías) e o nacionalismo ‘totalitario’, cal é o caso do status quo español. A maior abondamento, non o dubiden, non todos os ‘nacionalistas’, bascos, cataláns e galegos son independentistas, nin falla que lles fai. A súa desinformación, fainos proclamar, sen máis, galeguistas, catalás e euskalduns. Hai que recoñecer, cabo de todo, que os nacionalistas máis tenebrousos e patéticos da historia aínda case vixente, non foron outros que Hitler, Mussolini, e Francisco Franco. Digo eu que o xove fascista (1936) José Antonio Primo de Rivera non fose morto no cárcere de Alacante, o ‘Caudillo’ non estaría –talvez- nese ‘triunviro’; non é? En tempos de bonanza, a dereita de toda a vida, metamorfoseada na democracia, mesmo reclama a República española, pero non a restitución lóxica da primeira, como deberían de saber todos os avogados, xuíces, fiscais e catedráticos de dereito constitucinal da ‘unidade de destino en lo universal’, engadidos os gacetilleiros de ‘chuleta’ á mantenta, ben dos casaríos monárquicos do conto; ben dos grandes e pequenos empresarios da UE, FMI, BM, OMS, CEOE, PYMEs, Clubes Financeiros, Bailes e Embarcacións de Recreo; Grandes Cacerías no corazón da África explotada polo branco e polo preto, etc.

‘Os pensionistas pagarán por vez primeira parte dos seus medicamentos receitados polos médicos adscritos á Seguridade Social española (igual agora xa non se chama así). Nin que antes os recibisen absolutamente gratis, despois de ter ‘cotizado’ ao longo das súas vidas, obras e milagres.

Falamos de España, canto tanto nos afecta; falamos de El-Rei, ergo da monarquía (inconstitucional?). Ás casas usurarias sóbralles tempo para seguir roubando ao abeiro das leis burguesas, inmorais, indecentes. En Galicia/Galiza, a mímese é patética, e Guede Oliva, alégrome ho!- retorna ao CDG. ‘Si no fueran ciegos/nos verían’, cantaba hai anos Luis Pastor, en Madrid, creo recordar, das grises e silentes tardes no intempo de Compostela.

Te puede interesar