Opinión

Urdangarín, duque de Palma

Escribo, entre outras levidades menos insoportábeis das que nos fixo facer crer Milan Kundera digo, dende a miña irreductíbel adscrición republicana e por engádega marxista. Advirto que nada é antítese de nada, e polo tanto antagónico, como lle houber gustado moitos/as que tal pensan, entre eles este duque, xenro ‘burgués’ do rei de España. Cando digo que nada é antagónico de nada, obviamente estou a me referir a este vento burgués que nos invade e ‘asolaga’, onde explotados confraternizan con explotadores; beatas do ancien régime ‘tocadas’ en putas de alto standing, que se di polos narradores e sociólogos ad hoc adcritos á gauche divine ou delicuescente democracia burguesa que enxalza aos profisionais do espolio e orquestra/charanga parlamentar española que agora vai ‘dirixir’ o exrexistrador de inútiles propiedades, siareiro da ‘festa nacional pontevedresa’ cando a Virxe da Peregrina, da mesma maneira que o dubidoso social-demócrata José Bono é un afervoado crente a súa maneira, claro está. Parece que en materia de relixiosidade, este último non está lonxe da relixiosidade do primeiro, que nas pasadas eleccións, cal apodíctico asentador de predios, manifestou ‘solemne que ‘hai que gobernar como Dios manda’, aínda que un non vira alá moi teocráticos os seus posibeis/futuros ministros. A expresión de Rajoy non coa nin coloquialmente falando, ou sexa, que con todos os repectos para os consumidores, hai un recendo ‘xenérico’ a recente auga bendita, que non dubido que obterá o visto e prace do nacional-catoliscismo español aínda vixente, malia que moitos e moitas non o saiban detectar.

A ignorancia infecunda de Rodríguez Zapatero facíalle expoñer disparates aos que el e outros coma el denominaban e denominan ‘alianza de civilizaciones’.

O caso Urdangarin, cuxos orixes poderíamos rastrexar menos metodoloxicamente no PNV que nunca frecuentou, é un ‘caso’ non menos escandaloso co da banca e os banqueiros en xeral e en particular; sucede que polo seu nexo coa monarquía, os seus luxados e inmorais negocios cantados pola imprensa española, resultan máis obscenos que delitivos. Nada novo nin infrecuente no panorama político español, onde a esquerda é agora un tristeiro espantallo, e o independentismo das ‘nacionalidades históricas’ proclamadas pola ambigüidade constitucional. Fraco favor á ‘monarquía parlamentar’ o do consorte Duque de Palma, que mercou varios casaríos para el e a súa compañeira Cristina de Borbón.

Te puede interesar