Opinión

Sintomatoloxía e causa

Lembro ao profesor Enrique Tierno Galván antes de ser alcalde de Madrid, por ir el, entre outras cousas e distintas tautoloxías, cal engado/fado nas litaxes do PSOE que desmarxistizou Felipe González, o mesmo que hoxe en día dirixe “un casino sin reglas” leo de Juan José Millás, quen dende logo, non é comunista nin de lonxe, nin por aproximación; pero abonda con dicir que é unha persoa amiga e simpática, antifascista, coa que falei aquí (Vigo); daquela, a “guía telefónica” era un dos nortes para a súa brillante prosa de libros e xornais: a sublimación do panfleto, cal xénero literario, un xeito extraordinario que entre nós-outros cultivou o inmorrente Camilo Gonsar, caro e inesquecíbel amigo: Lonxe de nós e dentro, Como calquera outro día, Cara Times Square, Cemento e outras escenas, A noite da aurora. Luz de Príncipe Sol, é unha monumental paráfrase verbo dunha obra de Dostoyevski que moit@s de vostedes lerían, publicada por Gonzalo Allegue en Nigra. Sonlle oitocentas páxinas, nas que Camilo recrea O idiota...

Convén ‘redefifinir’ entón, o panfleto, a oitavíña (octavilla, nun castelán xa en desuso).

Por certo, en sociolingüística un e a outra teñen un ‘con-notado’ de cladestinidade, menos enigmático que subversivo, idea que chegou intactata ás forzas represivas do ‘aparato burgués’ espoliador, reaccionario, nunca socialista, malia as laceiras que nos amosan os filmes de calquera outra ‘realidade’ que non representa exactamente “o medio é a mensaxe”, loadores ad hoc engolidos pola xeralización babeca de McLuhan coa súa sub/pseudometáfora.

Así, o parágrafo que subsegue ao enunciado non é máis que un pretexto para adentrarmos no proceloso mar das liberdades como conquista da clase obreira cá infamia capitalista quer esgazar, como o dereito irrenunciábel do ‘sacro’ dereito á greve geral que o fascismo máis que larvario cuestiona ignorante; como algúns xornais da capital española, ata o punto de que un deles intitula así a súa primeira páxina: “fracaso del sindicalismo”. Obviamente poderemos reparar no ‘amarelismo’ con miserábel representación en distintos casaríos do imperio, cales poden ser banca e bolsa, grandes matadoiros onde exerzen libertos ‘engominados’, pastiches domingueiros, proxenetas e diversas variedades ao efecto de pederastas, e outros espécimes. Fagan xogo, señores! –é o sintagma subliminal ‘emitido’ polos altofalantes do maior espectáculo do mundo.

'Los violentos sí actúan en Barcelona', salienta outro xornal… Sementeira e confusións; atoldamento, néboa, calixe, neboeiros de evolución auroral. Entón, a xente chámalle violencia á sintomatoloxía, pero non á abxecta e obscena orixe (causa): a CEOE que administra e xestiona (e outrora xestionou a sub-social-democracia) o goberno do PP español con sucursais nas comunidades eremitorias de todo o status quo publicitado, enunciado…A violencia, a crueldade, a inmoralidade, o escándalo, está nas criminosas normas feitas lei e/ou decreto facilitando o despido libre, de calquera liberto que non se ‘relaxe e disfrute’ da baballada do terrorismo institucionalizado, aínda que queiran agochalo en cínicos eufemismos, e outros dislates propios dos tafures máis ruíns da historia, con nomes e apelidos de tod@s coñecidos. É unha graza de thriller para máis alá de Hollywood, observar o patético e indecente sorriso dese terror que mesmo abenzoa o nacional-catolicismo español, digan o que digan eses montes e moreas de estólidos e mediocres. Tristeiros valores os que o pútrido sistema capitalista defende. Qué ironía ver as fotos co coto (muñón) ergueito aos ‘sindicalistas’ españois Cándido Méndez e Fernández Toxo!

Recordo o poema de Kavafis: ‘Agardando aos bárbaros’. Na negada nación galega, a imposibilidade de Luhan salienta cousiñas de suevos, vándalos e alanos. Totum revolutum: causa-efectos; sintomatoloxía, pois. Emigrar a Alemaña non é máis que un soño imposíbel; cecais un pesadelo. Non é?

Te puede interesar