Opinión

ESTAMPAS DO SÉCULO XXI

La infanta Cristina no será imputada, di, xa agora, o xuíz instrutor do 'caso Palma Arena'. Craso erro moral o do maxistrado Castro, oriúndo da nación galega negada por todas as variantes, formas e formulacións do nacionalismo español, latexante e vixente, como os herdeiros dos pistoleiros fascistas adscritos á Falage Española y de las JONS, un grupo terrorista que non tivo necesidade de abandonar as armas, e moito menos de auoesluírse para 'participar' en todas as 'democráticas' eleccións do Estado español. Acaso os falanxistas españois tiveron necesidade de pedir perdón ou desmostraren eles evidentes probas de arrepentemento; abandonar a 'licerncia' de uso e tenenza de armas como se lles esixe arestora a ETA?


Quero deixar claro que o que escribo non xustifica para nada ningún terror, nin as distintas existencias de Falange, soporte ideolóxico que gobernou España dende 1939 a 1975, sen esquecer que aínda hoxe os herdeiros naturais do franquismo están instalados coma lapas ou carrachos no poder, nunha comuñón de mediocres, vulgares, desnortados aparentes, e ladróns titulados con másteres de oprobiosas aulas de públicas administracións de miserías humanas e áulicas escolas de negocios, garantidas pola banca sempre capitalista ao abeiro de organizacións tan escuras e de tan dubidosa conduta como poden ser o FMI, BM, OMS, OTAN, e un manchea de ONGs 'sen ánimo de lucro', como a dos dous principias imputados no caso antes mentado, onde o señor Urdangarin, con residencia 'forzosa' en EE.UU., fai vida e oficio de tebras coma un ianqui máis, que pode ser confundido con calquera outro cidadán americano paseando ao 'trote' pola Quinta Avenida, en Nova York, que é a cidade elixida para morar uns días antes/despois do buque naufragar. Coa dignidade e valentía propia dun duque de conto, para min todos son iso, cargou todas as culpas sobre o seu socio Torres. Administrativos e subalternos de Nóos (tamén sen ánimo de lucro) descargan as mesmos epítetos contra Torres, para deixar a salvo a honestidade do cerúleo consorte Urdangarin. Que o PSOE e o PP se posicionen -claramente- en favor favor da chamada monarquía constititucional e democrática non é máis un lilaila dialéctica perversa, tan obscena como o 'republicanismo' que enarboran os nostálxicos do fascismo joseantoniano, así como o de Manuel Hedilla, a quen Franco confinou de vida e morte en Palma de Mallorca, porque o Movemento, con Hedilla á cabeza, non consintiría manter como xefe de Estado a un xeneral demediado e taimado, como Francisco Franco, home de escasas luces, e moito sangue frío e brutal violencia.


Pasan as pantasmas últimas deste inverno de longas ringleiras e procesións polas rúas de Vigo. Á miña mesa de traballo chegan Dark Butterfly, unha das grandes obras da literatura galega, da autoría da miña entrañábel amiga Rexina Vega. Ao seu carón, De Xente Nova a Brais Pinto, do tamén amigo Xosé Fernández Ferreiro, unhas memorias necesarias, e unha novela que sen dúbida darán moito que falar. Cada día no seu tempo, ese enigma menos claro que transcorre por nós, entre nós-outros. Cambalache, tamén este século, non si, María? A derrota deixa un sabor acedo nas gorxas dos antigos afogados cabo das ribeiras de Vigo e Bouzas. Ben mirado, ai, o tempo pasa, pero a penas existe.

Te puede interesar