Opinión

Estado de benestar e outras estafas (I)

EO status español pertence tamén a infamia do enunciado. Na da maldita recidiva fascista, devorada pola barbarie capitalista que nutre e sustenta a falacia da UE, as fileiras do paro na España ‘guai’ vai por enriba da media da feliz Europa agora unida –con Rusia incluída- pola falacia do euro-ouro, segundo as últimas estatísticas, parafraseando a Dámaso Alonso, no poema que abre o libro Hijos de la ira. Alguén recorda? “Madrid es unha ciudad de más de un millón de cadáveres, según las últimas estadísticas”. Meu colega e amigo Xavier Rodríguez Baixeras, hai anos, aquí en Vigo, falou comigo de Dámaso Alonso, non do filólogo adscrito á ‘escola filolóxica española’ que tantas tonterías fixo saír da boca de xente tan delicada e intelixente como Zamora Vicente, pero non de Fernández Blecua, actual presidente da RAE, en cuxas cadeiras de luxo innecesario senta agora (antes tamén) unha grea de mediocres que logrou chegar, por méritos propios, ao nivel máis alto da súa patética incompetencia: “A Dámaso, como poeta, sempre lle faltou valor e actitude”. O paradigma, tanto del como da súa dona Eulalia Galvarriato, por máis ca vulgaridade se empeñe, non é das súas edicións, ora críticas, ben para os ‘tendeiros’ desilustrados, non é, nin coma pouco, o místico e beato español Juan de la Cruz. Demasiados santos para tan pouco ceo.

O portavoz da CEOE española, que mesmo inclúe a farsa autonómica actual dentro dunha monarquía parlamentar, e non, nun estado federal auténticamente laico e republicano, José Luis Feito, digo, non acerta a dicir a verdade sobre o traballo na España plural (feiras festas e romarías do PP e mailo PSOE, co BNG e outras greas ou xineas autoproclamadas galeguistas, pero xamais da nación galega, como podería ser o ‘Banco Nacional Galego’ que ningún nacionalista democrático popular galego ousou reclamar, non ho!

O presidente Núñez Feijóo, cando a ‘fusión’ de Caixanoiva e Caixagalicia, proclamou exultante os primeiros pasos dunha grande entidad financeira ‘galega’…

Máis dun cento de gaiteiros virtuais amenizaban a romaría na Praza do Obradoiro, de cuxo pórtico da Gloría baixou para o baile de gala o profeta Daniel, co seu sorriso, mentres o Mestre Mateo, chiscando o ollo dereito, brindaba con limonada, malvasía e coca-cola, a consumación da gran estafa, non sen un aquel de amargura na boca neutra de granito prístino e paixón adurmecida.

Que se podería agardar da estulticia de tanta mediocridade e esa procesión de mortos e ‘falabarato’ que deambulan idiotizados polas rúas das cidades, á procura de información ‘turística’? Por lles roubar, ata lles roubaron o Codex Calixtinus.

Cando un ollaba arrebatado (non místico), a brincadeira dos idiotas de oficio e beneficio, entre os 80/90 do século pasado, os ladróns entraban a saco, sangue e fogo no mal chamado ‘erario público’, e xa o latrocinio capitalista furtara a plusvalia ao proletariado, inerme, alienado polas ‘sobras dos mil banquetes’ da burguesía e os seus miserábeis acólicos, ‘recolocados’ como de xefes de planta nos grandes matadoiros do imperio. Unha morte indolora os levaba á podremia da eternidade e á negación do ego. As máquinas funcionarían para beneficio do home. Había que pensar que facer con tanto tempo libre, de ocio, non si?. ‘Los lunes al sol’, velaí a crúa resposta, pero tamén todos os días do ano. Algures é igual que Ningures. O Sol vai canso este inverno que declina, cando o marzo próximo anuncia as neves brancas e rosadas dos amendoeiros en flor. Non é, María?

Te puede interesar