Opinión

CRISE

TemoMariano Rajoy, aposta, merodea sen parar o cordal abrupto da realidade. Núñez Feijóo, que estudou Dereito coma el, ignora por defecto a intrahistoria, e como non, a historia universal da infamia. Ningún dos dous leu a Borges, supoño, e moito menos a metafísica aristotélica. Os dous, sen sabelo, penduran do fío da irrealidade: o ontolóxico. A súa gran contradición é o eclecticismo co que se pronuncian aquí e alén mar, se fixer falla. Hai un escuro obxecto do desexo que os xunta para se manteren eles á distancia precisa do lobo. Farán, cabo de todo, boa rafa, que é como se lle di en algures de Lugo á farangulla. O nariz e as orellas medran toda toda a vida, sen esaxerar. Aos pinocchios o apéndice nasal, como no conto de Carlo Collodi, crécelles escandalosamente. Cantas mentiras contou Feijóo cando a fusión 'en frío' de Caixanova e CaixaGalicia? Abofé que máis de unha, e sen que ninguén lle pedise nin onte nin agora explicacións. El señor de los hilillos, como seica lle chaman por aí abaixo a Mariano Rajoy de cando dixo o que non tiña que dicir a propósito do afundimento do Prestige. Por certo que na traxedia do 11-M en Madrid, o PP entón na gobernanza de España, porfiou cinicamente en lle atribuír o criminoso acto a ETA. O mesmo Aznar, falconciño títere nas Azores, e 'forzas aliadas' invadindo e masacrando Iraq, argüíndo, entre outras trolas que os iraquianos tiñan 'armas de destrucción masiva': 'Las encontraremos, ya lo verán',dixo o señor que agora impartilla aulas de'conduta moral' aquí e acolá. Os tribunais internacionais procesaron por xenocidas a Bush, Tony Blair e José María Aznar, entre outros? Os mortos por mor do bombardeo aéreo do democrático paraíso occidental son anónimos do inmanente, e polo tanto non se contan nin hai posibilidade estatística.


A falacia capitalista da UE dille a España que ten que solicitar o rescate, e Mariano Rajoy cóntalles aos españois que os europeos de toda a vida, axeonlláronse para que aceptaran un feixe de millóns de euro/ouro e tapar os buracos dos 'xenerosos' banqueiros hispanos. Non pasa nada. Hoxe gaño eu e mañá perdes ti. Como 'Dios manda' ; 'a día de hoy', repite insaciábel e insoportábel Mariano Rajoy.


Storia di un burattino ou Le aventure di Pinocchio son metáforas amargues e ferroviarias que fóra o caso acaenlle ben a Rajoy e Feijóo, un dos empardecidos de Pontevedra e o outro do intempo dos Peares ourensans (ou lugueses?) dous dos dramas da Galicia e os os seus camiños de ferro.


O sistema banqueiro (non só español) está (de sempre) baixo sospeita de estafa 'a man burocrática armada'. As compañías auditoras internacionais forman parte da mesma 'comisión'. Por 'expropiar' unhas latas de cervexa sen previo paso polo peaxe, se se me permite a extravagancia, pódenlle caer a un culpábel de ter nacido nun mundo coma este, uns cantos días de prisión preventiva. Mario Conde non se arruinou precisamente no cárcere de Madrid.


O 'proceso a Urdangarin, vai lento pero inseguro. Todo cabe dentro das coordenadas da democracia burguesa, do organigrama neoliberal. A mentira como recurso, o que defenden para sobrevivir na súa 'esencia' Mariano Rajoy e Núñez Feijóo. A ambos lados do arco de fino buxo, na torre dos días, os demáis acólitos fan cola. Polo mar corren as lebres, polo monte van as sardiñas?


Te puede interesar