Opinión

Xornada de oito horas

Voulles dar unha nova noxenta, para os que andamos a pagar impostos a Facenda e ao Concello.

Unha comisión da Federación Obreira presentou no Concello unha proposición que, con tódolos respectos, parece unha barbaridade.

Piden que a Corporación Municipal aprobe a xornada de oito horas ao día para tódolos traballadores do municipio, mesmo sexan feitas as obras ou por administración ou por contrata.

Ou sexa, que queren traballar menos e se poñer o nivel dos obreiros dos países civilizados. Porque xa saben que quedan países onde se traballa de sol a sol, como ten que ser.

Coido, xa digo, que isto non é sensato nin axeitado aos tempos nos que vivimos nos que hai que producir máis se queremos erguir o país, ou sexa Vigo.

Pero, como sabe o lector, os concellais, que tamén están tolos, parece que estar ou son proclives a concédelo. E que, claro acostumados eles, tamén, a pouco choio, van ser capaces de ceder a pedicha!

¡Traballar somentes oito horas! ¡Onde irnos parar! Os administrados facémonos cruces...

E agora mesmo acabo de saber que, efectivamente, o Concello aprobou a medida.

'Nas obras que o Concello execute directamente por administración establécese unha xornada de oito horas dende o quince de outubro ao quince de febreiro; e dende o quince de febreiro ao quince de octubro, nove horas e media. (Menos mal).

Pero, qué tolería!

Parece ser que os concellais queren sentar precedentes —demagóxicamente, coñe-, para seren considerados como adiantados na solución dos problemas sociais, (o que andan a chamar cuestión social).

Alá eles! Xa veremos as consecuencias desta medida... Non creo eu que poida calar unha medida así, tan pouco meditada e xa viran quen ponan as cousas no seu lugar.

O traballador o que ten que facer o choiar e deixarse de lerias. (Dádeslle unha man e collenche o brazo enteiro. Xesús, Xesús!)'

Esquecíame: Isto pudo escribilo un cidadán no ano 1899 e eu atopalo entre uns vellos papéis. Xa o dixen nalgunha ocasión: Os vigueses. sempre adiantados en cáseque todo! (E xa no ano 1890 houbo folga de obreiros polas oito horas).

Te puede interesar