Opinión

VIGO, CAPITAL DA SÚA PROVINCIA

Imos presentar algúns documentos referentes á primeira vez que Vigo é nomeada capital da súa provincia, na reforma administrativa que as Cortes do Goberno liberal (1820-1823) fixeron.


O 13 de xulio de 1821, as cortes deciden suprimir as sete provincias de Galicia deixar A Coruña, Ourense e Lugo e crear, nova, a de Vigo, O Xefe Político -Gobernador- foi don Ramón Losada.


Nembargantes esta situación viuse entorpecida pola actitude de Pontevedra e Tui. Houbo oposición e mesmo loita de guerrillas. O ano 1822 celebráronse eleccións para a Diputación provincial e tamén gañaron escanos algúns absolutistas recalcitrantes. O Goberno Civil estivo na rúa Real. A provincia deixou de selo cando os absolutistas volven mandar en España. (Lembren a entrada dos ' Cen mil fillos de San Luis', de Francia).


En Vigo entrou don Pablo Morillo, coñecido noso ?foi conde De La Puerta, polas súas fazañas en América, e conde da Gamboa-


No ano 1836 un Real Decreto volveu nomear a Vigo capital de provincia, da súa, pero nin se comunicou nin se lle deu efectividade.


Pero o ano 1840 ó sublevarse o exército contra a Rexencia de María Cristina e crearse a Xunta Revolucionaria, Vigo é outra vez capital da provincia. O 21 de outubro sae a rúa o nímero 1 do 'Boletín Oficial da Provincia de Vigo', mais coa liorta do país e as trabas, nin chegou organizarse a Diputación nin a Xefatura Política. Aclaremos: Un oficio do Capitán Xeneral di: '?enténdese que as dúas Xuntas de Pontevedra e Vigo son independentes entre sí, e a de Vigo debe gobernar toda a esquerda do río Caldelas principiando dende a Ponte de Sampaio que comprende os partidos de Vigo, Tuy, Redondela, Ponteareas e A Cañiza'.


Como o preito seguiu un decreto da Rexencia do Duque de la Victoria (e iso que tivo rúa en Vigo), ordeou que mentres non se sustanciase e aclarase a debatida cuestión a provincia volvese a unificarse e a capitalidade que a ostentase Pontevedra. O preito endexamáis se viu. ¿Rematou? (Graciñas, señores escribanos e políticos)


Te puede interesar