Opinión

RÚAS PRIMAVERAIS 'AD HOC'

Agora que se vai acercando a primavera e a festa da Reconquista ando pensando na beleza que adquire Vigo e que en toda a paisaxe urbana amosa características belas dende os seus xardíns a punto e as súas rúas limpas e cheas de xente que pasea. E cando máis estou gozando aparéceseme coma unha pantasma don Nicéforo que me aceda o benestar e que me obriga a sacar as miñas respostas bélicas defensivas.


Primeiro díxome que Vigo é como é e non ten solución:


-De nada srive que as autoridades e encargados de diferentes ambientes rueiros coiden que están a gusto, e dígocho eu , nunca o veciño está a gusto nin complacido. Seino eu que son moi observador e amante do bo e non do malo.


-Igual que todo o mundo... A xente intelixente , capaz, boa pensadora e quen gaña


- Non.. As veccs... Mira: Hai mandamases que din esto: praza de tal, rúa de equis. E queda a gusto de todos ou cáseque. E se non, non pasa nada. O 'xefazo' déixase convencer . O asunto e quedar ben e facer as cousas con dignidade. E todos contentos.


-Eso está ben. Pero a veces fanse estupideces ou barbaridades. Por exemplo:


Irnos falar de don Joseph Pérez Montes que nunca sae nas historias ó redor da Reconquista, pero que ten moi ben plantados os carismas. (E seguíu don Nicéforo):


Hai un documento no Arquivo Municipal moi importante que non quería ver o Prior da Igrexa non Colexial, aínda que era interino, porque o anterior fixera renuncia do seu cargo.


O anterior era don Josef Pérez Montes quen para non ter que facer o xuramento que tódalas forzas tiñan que realizar ao pe dos franceses. E con outros morreu falsamente para no obedecer a Bonaparte. Bastante morrían de ¿prudencia?- realizaron actos na casa consitorial.


Era moi fermoso ver as escusas que poñía don Josef. Primeiro, cando o convocan, di que está enfermo e que non pode acudir. Por el vai ó concello o presbítero don Manuel Pombo que a xeito, foi excusado por indisposición en febreiro do 1809.


Parece ser que esto non gustou moito á francesada que de algún xeito amosaron o seu malestar.


Pois algo asi fan os que mandan e os que fan 'guerriñas pequenas ' tamén mandan nos munixipios.


Te puede interesar