Opinión

UN RESUME DO REINO DE GALICIA

Gorecho o defensor de calquera coñecido ao que lle fixeran algunha canallada, chegou á Tertulia cunha pinta horrorosa nesa súa cara agradable de sempre.


Cáseque ao unísono preguntámoslle varios: don Verísimo, don Venerando, don Valeriano, don Victorio, don Vicente, e algún máis que -xa estaba ben de uves iniciais por casualidade! ?, que lle acontecera.


E il coa faciana un pouco enroxecida explicounos:


-Ao recoller esta tarde, agora, a correspondencia que hai no meu buzón de correos, no portal da miña vivenda, entre cuartillas de publicidade, abundante, desa que soemos tirar na papeleira do portal sen ler, chamoume a atención este sobre que agora vos deixarei ver e sobre todo para que blasfemedes coma min ao mirar o seu interior cerca.


Parou el Gore e unha aglomeración de preguntas non permitía enterarse a ninguén, pero axiña don Valeriano puxo en paz aos curiosos urxentes.


-Déame acá don Gorecho que eu leo axiña ese texto e quedamos todos dispostos para axudalo nos seus enoxos


Así foi e para dar conta fixo uns pequenos esforzos de carraspeira co desexo de que se escoitase ben todo:


E iniciou o título daquela folla: 'Resume do reino de Galicia' Parece un soneto. e vou axiña:


'Pálido azul e ceo encapotado .


mozas gordechas con cus cal coliseos,


tetas de vacas, pernas de correos


e chans menos varridos que regados.


Campos de toxos, todos mal copados,


berzas xigantes, pulgas filisteos,


nabos do Cairo e marráns pigmeos,


sarna espantosa, homes moi dobrados.


Papas millas en cuncas de Madeira


candeas de resina con palliza,


natas acedas, xentes con xordeira,


Terra na que non saben de xustiza;


lugar onde a verdade é forasteira:


isto é e chaman Reino de Galicia.'




-Isto non o vou a permitir eu. Buscarei ao conde de Villamediana, don Xoán de Taxis e o retarei en duelo, E o avisarei feramente.


-Ben, -dixo don Valeriano... -Pero imos revisar mellor o soneto. Penso que é unha crítica positiva, con grande ironía, para que os mandamases atendan aos galegos. ¿Non si? Claro. Mirarémolos na próximo xuntanza, ¿Estamos?


(E parece que estiveron, señores lectores. Xa o veremos.)


Te puede interesar