Opinión

A princesa papanatas

Vaiche boa, Vilaboa... Vaiche boa...

Calquera de nós, os que estamos agora mesmo na sala de reunións especiais que temos montado nesta fermosa tasca á que lle puxemos hai tempo 'Tertulia' e logo despois xantábamos cando nos deu o de ir de negro, aínda que non somos tampouco promotores de moitas baballadas e outras si de moitas realidades para escarafuciar o tema que queriamos dar aos nosos colebas e xustificar a visita á tertulia de 'motu propia'...

-Un momento -cortou don Venerando-, que nos puxo en situación e atención que xa sabemos o ben que fai e monta todo.

Paramos todos o rebumbio e atendimos:

-Supoño que leriades a grande estupidez que a señora ou señorita Princesa María, ou mellor digo, Mary, de Dinamarca que segundo di algún periódico é moi belida...

-Quere dicir vostede esa guapa moza, con boa figura corporal, e modeliños de roupa cara anque eso a ela non lle produz preocupación pois é millonaria con recepción anual de riquezas das súas propiedades herdos de tantos antepasados e de aforros que foron a...

-Don Vene; non podería vostede ir máis ao grao? -dixo o Gorecho.

-Dende logo... Imos: A tal princesa organizou en Novaiorque de América unha festa que axuntou aos líderes mundiais da política -da súa, cariño-, aos políticos, activista con tela mariñeira fila; representantes de organizacións internacionais e etcétera para apoiar a loita contra a mariñeira pobreza extrema e de secano puro.

-Que ben... Debe ser unha moza amantiña dos necesitados, non si? Que ben...

-Non tanto... Escoita e toma nota. Entre os participantes estiveron o secretario xeneral da ONU; a presidenta de Liberia, Premio Nobel da Paz; o cantante da Paz, Bono, que presentou a Stevie Wonder, o cal actuou nun concerto para 60.000 asistentes. Ou sexa... Escoitade... No todo son regalos. Que tódolos que foron á festa gastaron alí os seus cartos, ¿non si? Pois non; esas xentes andaron cobrando, viaxando con billetes gratuitos ofertados por outros... é dicir... que os probes do conto, os que haxa, se é que en Niki Iorque hai pobres, non parece que recibisen nin un céntimo de escolar, nin de moedas europeas, nin...

-Ben... Pero o xesto é fermoso... E a princesiña organizadora de concertos e actos benéficos que non van parar as mans dos pobriños, os coñecerán? É así como está montado ese mundo... Grandes feitos para grandes personaxes. Amén.

E así rematou o seu falar o Gore. E desexou que esta xente boa que verque parte da súa riqueza para os medicantes continue axudando aos pobriños con festivais amorosos. Pero antes de rematar berrou:

-Tururú!

Te puede interesar