Opinión

NUN LUGAR DA MANCHA...

Estabamos todos ansiosos. Facía un par de citas nas que non nos axuntamos os precisos para falar a gusto: folgas, indignacións e semellantes.


Iniciou esta tertulia don Antonio o cal sinalou coa man dereita unh especie de illa de viño tinto seca no mantel da mesa que amosou ao xove camareiro que axiña saíu por material para limpar e volveu nun santiamén para deixar como os chorros de ouro o material 'cafivinícola'.


-De que vai a cousa tertuliana? -preguntou o Gorechiño.


-Home, digo eu... -apuntou don Felipe-... Da cousa da Independencia e da loita galega e de toda España contra os franchutes, non si?


Pareceu ben a todos e tras de facer calar un pouco á multitude dos cinco que estaban neste momento, falou don Antonio de certo tema que así de principio non viamos moi clariño.


Falar de que a guerra contra Francia teriamos que habela perdido de verdade os españois e que Napoleón co seu irmán deberían ter gañado a loita... teríanos máis felicidadde, máis cultura e mellor vivir para todos sen dúbida algunha..


-Que di vostede don Antonio?


-Home, esperade, esperade... Imos ver... Con quen estariamos mellor? Co rei Fernando VII, que traicionou aos propios militares, que volveu a organizar aquelas falsidades de bondade, de relacións con todos os españois que non fixeron máis que retrasar o noso vivir e mellorar, lembrade aquel 'vivan as cadeas' que mesmo voltou a poñer en marcha a Santa Inquisición', e o abuso por parte dos grandes facendados e poderosos...! Non fixeron máis que retrasar a nosa cultura e a nosa educación que volveu a anoitecer na nova España que era aínda máis vella. Unicamente os militares nos deixaron gloria. Gloria que non nos facía falta. O que si precisabamos era máis cultura e máis modernidade e, sobre todo máis respecto uns cos outros.


-Ou non...-dixo aparvado o Andrés do Val


- Que di, home? O que seriamos era máis cultos, máis amantes os uns dos outros a través de una igualdade de ciudadanía...


Ben, vale : iamos ser franceses?


-Non... Irmaos...


Te puede interesar