Opinión

Non somos nadie

Si; iso está ben… “Non somos nadie”. Bo títular. Non somos ninguén…

-E menos vostede!, -respondeu coa súa voce poderosa don Tribuno.

-É un decir, señor tribuno, e cada un é como é… Xa me entende…

-Nin o entendo nin me importa o que vostede diga … Déixeme en paz!

-Ao contrario. Váiase vostede con su tribu… Na… Amén…

-Señores, señores… Paz, paz… Iso é o que hai que traer á nosa tertulia… Veña, señores tribunos… Deixemos para outros momentos esta minidiscusión e comencemos a calentarnos falando da temática máis importante que hai nestes días… Que nos quedamos soíños. Que a xente vaise de Vigo… Pouco a pouco pero vanse..

-Ben… -dixo don Venerando-. Vanse aqueles que viñeron abertos e gozosos, e esperanzados tamén, a esta nosa terra onde con traballo de escasa consideración e de pouca categoría foron levantando as súas esperanzas chegados de calquera lugar das Américas.

-Si, amigos… Xentes que aforrando moito, con sacrificios, foron xuntando cartiños para poder retornar á súa terrra. E que retornan desexosos de abrazar a aqueles outros irmáns, parentes e coñecidos que levantaron o seu espírito e endureceron as súas carnes sentindo na alma a polivalencia da forza expostiva no traballo.

- Moitos -engadíu don Venerando- ; hai que ser sinceiros, foron esclavos e chearon o mercado común de suor e... ata de sangue..

-Ricos –intervíu Pepiño. o Pantagruel.

-Algún… Pero os outros moitos non tanto, pero si, coa lembranza e o desexo de pervivir cheos de morriña que foron axuntando algunhas moedas. A irexa soubo axudar a moitos grupos; a administración oficial tamén e fixo o que puido. Nembargantes somentes aqueles que tiveron a sorte de empreñarse en compañías poderosas e con traballo de máis, fóronse situándose .

-Oiga, profe; –con certo malo leite que sorbeu do pociño reglamentario para o café, dixo don Tribuno-; vostede non se lembra do poema de Rosalía que di “cando ven, ven como rosas, cando van, etcétera?

-Veña, amigo, non se poña serio.

Te puede interesar