Opinión

MULLERES NA POLÍTICA (2)

Na entrega anterior xa vimos que ás mulleres non as tomaban en serio os cultísimos, sabios e poderosos homes que andaban nesto da política.


O único señor ?cabaleiro en todo- don Mauro Alonso, non pensaba como os seus colegas munícipes, os cales non tomaban en serio as damas nin con elegancia a dona Margarita Losada e dona Agustina Álvarez.


Don Mauro si, eloxiándoas 'pola súa resolta e patriótica postura por acetar un cargo de sacrficio mentres moitos homes quedan na casa por career de virtudes cívicas e seren incapaces, etc, etc.'


E xa postos a falar das mulleres de hai cáseque un século, tamén o vou facer das que antes, no ano 1919 fundaran o Sindicato Obreiro Femenino. (E pode que isto sexa aleccionador para tódalas mulleres de hoxe que se preocupan pola política municipal, pola sindical, pola vecinal e por toda, en fin). Eran as do Sindicato Obreiro -para goio dos seus seus descendentes-: Xulia Martínez, presidenta; Xosefa Domínguez, vice; Francisca Pazos, tesoureira; vice, Ramona Ogando; Xosefa Paz, secretaria; vice, Amalia Fernández; bibliotecaria, Patrocinio Torres e vocais Calixta Pereiro, Xesusa Carbón, Mercedes Sánchez e Rosario Gómez.


O seu Consello Sindical estaba composto por María Pérez, Mercedes Ozores, Margarita Rivera e María do Carmen Molíns.


Era un sindicato cristiano, de inspiración católica (o seu consiliario era o R.P. José de la Tiedra), que estaba na loita, pois as asociacións paralelas da Igrexa tiñan asumida xa a participación social e laboral, para o reparto da riqueza.


Hai que reconceder o mérito destas mulleres. (Por certo que antes, no ano 1913 funcionaba tamén en Vigo a Unión de Damas Católicas).


Penso eu que, anque as oportunidades das mulleres -polo machismo hispano ou mundial, mellor-, seguen sendo poucas para tomar parte na acción directa socio-polí¬tica mesmo administrativa ou de goberno deste país, paga a pena saber que as mulleres viguesas de principios de ese século andaban nestas importantes cuestións dando mostras da súa valía.


Te puede interesar