Opinión

Mulleres na política (1)

Lóxicamente, un sempre foi feminista. Quero dicir defensor do feminismo que completa o meu machismo. Ou seña, que unha muller vale tanto como un home. (E a do viciflo máis, din os langoreteiros furafollas).

As mulleres son tan animáis coma os homes -con perdón: racionáis- e teñen os mesmos dereitos e deberes. Nin todo o que fan os homes e ademáis paren fillos que é a condición pola cal se subliman.

Dito isto e sen falar dos matriarcados, as amazonas, as Sábelas raíñas, as madames Curies e demáis excelencias femininas, inda non entendo por que non teñen feito un partido político. Só co voto das mulleres abonda para que o presidente do goberno sexa presidenta. Alá elas.

(E que os homes non deixamos ás mulleres andar na política. Antre os pucheiros, con Deus, que xa o dixo a monxa Tareixa -miña santa-, ben, pero...)

Pero eu do que quero falar e das mulleres viguesas na vida política para manter isto que sempre lembro de que Vigo foi unha cidade adiantada en todo. E eles me pediron estas consideracións.

Moito antes de que fora alcaldesa dona Emma González Bermello e concellalas dona Elvira Espada e dona María Arán, no ano 1927, xa ocuparon cargos edilicios dona Margarita Losada de Pardo e dona Agustina Álvarez y de Rovina.

Bernardo Bernárdez, o que fora presidente do Mercantil e escritor, daquela definiunas: 'damas de excelente trato, de sólida cultura y de ánimo y arranque varolines'.

Máis vale que non lea as feministas de hoxe os namoros que lles bota: Non o fixeron mal de todo, ven rematar. 'Boa vontade, bos desexos'. 'Acredito difícil -escrebe-, senón imposible que a muller poida suplir as súas peculiaridades e delicadas funcións eos mesteres de embalo e de pelexa característica dos Congresos, Concellos, Diputacións.

E remata o señor Bernárdez no seu 'Tratado de viguismo', libro no que narra cousas de Vigo, se ben un pouco subxectivamente, daqueles anos ó redor da caída da monarquía e entrar da segunda república: '¡Pois mire vostede, mellor estarían na casa a coidar dos menos e a prancha-los pantalóns dos seus homes!'.

(Metternich dixera aquelo de 'a muller é un animal de pelo longo e idea curtas'. Pero, tamén os grandes homes din moitas parroadas).

Te puede interesar