Opinión

MORILLO, HOME ÍNTEGRO

Non sabemos se por envexa -á súa velocidade en ascensos e en atencións recibidas- alguén, gallego, por envexa, denostou a figura de Morillo sinalando que era moi dura a disciplina que usaba e, tamén, excesivamente orgulloso ao verse cada vez con máis crédito entre aqueles superiores que o entendían ben e que animaban a Morillo para la solución de sus encargos. Coido que temos lembrado que el somente era un militar que por necesidad e con esmero executaba calquera outra misión encargada.


E houbo quen dubidou da importancia das súas misións. É realmente importante a participación de Morillo no triunfo? O propio lord Wellington estima que sí. 'Amigo Morillo -escríbelle o xeneral Wimpffen-: Ademáis de que vai V. recomendado do Sr. Duque (de Ciudad Rodrigo) para mariscal de campo, quixera que fose V. tamén condecorado coa Cruz de Fernando VII...'.


O ancho peito do robusto brigadier ensancharíase aínda máis pola satisfacción. Cinco anos antes so era sarxento segundo. Pero hai máis aún que o ascenso a mariscal de campo. O seu compañeiro inglés C.H. Churchill comunica: 'Viu aquí (ao cuartel de Roncesvalles) un de Inglaterra moi bo retratista co propósito de retratar a lord Wellington, ao xeneral Hill e todas as persoas principais, para facer unha pintura da batalla de Vitoria. Xa tomou todas, menos a de Morillo e Lord Wellington mesmo deulle unha esquela dos xenerais que debe retratar, e nombrou a V.S. entre isos. Insigne honra para un antiguo soldado raso. O propio lord por antonomasia, o comandante jefe dos exércitos aliados, fixouse na súa persoa. Morillo emocionaríase ao ler estas liñas, pero axiña sonreiríase ante o xenio e figura de Churchill, que animou a todos dicindo que pronto habería festas. (Referíase a que a paz estaba cerca).


Un home con esa calidade, por aquel feito de vir a Galicia por onde o rei Fernando VII, foi tratado como traidor cando en realidade portouse como sempre, ecuánime dentro do que lle mandaban as superiores xerarquías.


Morillo foi un home cabal, cumpridor absoluto do que lle indicaban os posuidores da marcha de España, aínda que logo a traveso da historia vimos que lle tocaron papeis tampoco moi aceptados por algunha parte do pobo. Pero debemos respetar a un dos homes de máis honrada función dentro do seu oficio.


Respectémolo, pois.

Te puede interesar