Opinión

Monumento á Muller

Este monumento, sito nas Avenidas, é unha homenaxe de Vigo á Muller, rendido polo Concello e o escultor Xesús Valverde Alonso, que naceu no 1925 en Vigo. (Escribo esto a petición dun amigo respetuoso coas donas que non lembraba que existía a escultura ben merecida polo colectivo femenino.)

O escultor amosou a súa vocación e facilidade ingresando na Academia de San Fernando, de Madrid, aos dezasete anos e rematada a carreira expuxo e traballou por todo o mundo, infatigable viaxeiro e exitoso artista..

As súas obras, corpos feitos con liñas escuetas, sinxelas, pero de amplos volumes, teñen grande movemento aínda que representen, ás veces, xestos estáticos.

Xoga sempre cun equilibrio entre espacios e materia de tal xeito que, liberado do clasicismo que malia a todo se ve, consegue unhas abstraccións, por así dicilo, realistas insinuando anatomías.

O monumento co que homenaxea á muller consta de dúas figuras en bronce sobre un pedestal de granito, nas que a abstracción non impide albiscar a feminidade recóndita na que, aínda a súa serenidade e quietude, o eloxio latexa perennemente. A tales señoras, donas, mulleres, ofreceu a súa obra tal escultor.

O monumento instalouse nas Avenidas, no 1992, sendo alcalde don Carlos González Príncipe, coa asistencia de varias Asociacións de Mulleres.e numeroso público e, a pesar de que o estilo de Valverde non é puramente realista a escultura gustou pois recolle, segundo dixo algún crítico de arte “o concepto vigoroso da forma na representación idealizada da figura humana. (Constitue un dos camiños máis claramente innovadores da escultura”)

Valverde enfrontouse cos neoclasicismos escultóricos e concebiu figuras totalmente rotundas con simplificacións anatómicas lonxe dunha estética preciosista, entendida perfectamente polos observadores..A proba é que non só a idea do escultor, senón a municipal de erguir esta homenaxe á Muller foi moi ben aceptada..

(Valverde morreu aoss dous días de ser montado o monumento, o ano 1992.)

Te puede interesar