Opinión

En memoria de don Ángel Ilarri

Non é sinxelo lembrar a don Angel Ilarri se o que se pretende é facer unha revisión total da súa actividade que sobrepasa co seu longo labor pois pode decirse que abarcou tanto o seu amplísimo saber e a súa longa tarefa, que foi posible, sobre todo, pola preparación, saber, dedicación e por esa vocación docente, especialmente artística, e a súa capacidade creadora.

Dirá o lector que os que se dedicaron dende sempre a arranxar problemas ou a frecuentar lugares baleiros –que están á espera dunha melloría-, son sempre persoas importantes e interesantes que están toda a vida querendo superarse o máis inmediato posible con feitos e realidades da súa entorna.

Un destes personaxes foi don Anxo Ilarri que dedicou a súa vida a todo aquelo que lle correspondía e, sobre todo, o máis dificultoso de conseguir que el foi capaz de levar a realidade.

O ano 1938 obtuvo a praza de administrador do Parque de Castrelos e a de Conservador do Museo “Quiñones de León”, que dirixiu 40 anos, ampliando a sala de Arqueoloxía, a mellor colección de pintura galega e dinamizando dende Vigo a actividade museística de Galicia.

Nin vou falar máis de todo isto que é ben coñecido. ”Don Anxo”, -así o chamaban os máis íntimos-, deixaba a súa pegada onde queira que poñía as mans creadoras, mans cheas de ideas e visións novas que fixeron de Vigo unha cidade artística e cultural.

Os xardíns aceptaron as camelias que el trouxo entre elas a alba plena e a reticulata. Tamén, con el creouse o Auditorio, organizouse o Concurso Hípico Internacional e as Batallas de Flores; exposicións pictóricas na praza da Princesa; os Concursos da Camelia; colaborou nos Certames do Mundo Céltico, etc., etc.

En fin, defino: “Méndez Ferrín, dixo de Ilarri, que foi durante varias décadas o principal motor da cultura local” e “o responsable da mellor imaxe da cidade, da máis válida e da máis culta.” Foi un home completísimo nas súas creacións. Aí está a autoría do Catálogo do Museo Quiñones de León; e o primeiro rueiro de Vigo, etc.

Resumimos: bibliófilo, melómano, ajedrecista (subcampeón do torneo do Mercantil no 1950.

E engadimos: Foi Medalla de Prata do Traballo; a Uve de Oro de Vigo; Sardiña de Ouro de Faro de Vigo; Socio de Honor dos Pazos; Socio de Honor do Círculo Mercantil.

E o próximo sábado, día 30, un amplo grupo de admiradores xuntaranse nun restaurante (o Puesto Piloto) de Alcabre, para recordar a don Ángel

(Termino con esta presenza rápida de don Angel. Éramos máis que amigos. Eu cando me fixen cargo do museo de Castrelos, tiven a sorte do seu apoio. Certo que el me recomendou para director e eu parece que soupen portame. Para min foi siempre un modelo exemplar. Nembargantes coido que a súa concepción do trabajo non se repite moito. El todo o facía ben: mesmo na súa xuventude foi bo remeiro –medlla de cobre- en piragua canadiense.

E remato cunhas verbas de outro sabio, don Antonio Fraga: “Sempre me pareceu que Ilarri descansaba traballando. A súa estampa é a vida dun intelectual modelo.”

Te puede interesar