Opinión

LEMBRANZA DUN BO AMIGO

Moitos lectores e os meus amigos máis íntimos e sobre todo aqueles que tivemos unha ráfaga longa de paz social, obrigada, aínda que fose unha imposición -falo do franquismo, ao cal non vou revisar nin para ben nin para mal... Cada vida ten o seu misterio-.


A historia é así, machiño, dise as veces, non si? E cada cal tiña no peito unha ferida que moitos non queremos revivir, para ben ou para mal... Ou si? O que val é pensar que cada quen fixo daquela o que lle pareceu máis lóxico pero sen esquecer aquelo de 'primum vivere', que todos somos humáns con problemas sempre.


O importante é que a vida transcorra para todos con honradez, e que botemos fóra todo aquelo que nos enche de amarguras. Grandes e cativas, cada un que leve o seu destino como pode e puido, con timón elexido á 'forza'.


Esta filosofía barata alguén a entenderá. Eu atopei un 'versiños adicados' a un bo amigo entre os meus papéis. Pero esquecín dárllelos nun sobre para a súa alegrí e quedéi como un maleducado furafollas. Agora déixollo con máis seguridade (espero). Cos lóxicos perdóns, en paz. (Eu, claro).


Para González Guldrís: / 'Hai un home coñecido / en Nueva York e en París / en todo o mundo querido: / Manuel González Guldrís, / un home xovial, / de Vigo, / que axunta boa vontade / sendo de todos amigo / e ofrecendo realidade. / Porque que chega famento, / en entra no seu restaurante / axiña ponse contento / e sae ledo e exultante. / Ten tal cociña agraciada / que ata os neniños de colo / berran: 'Quero mariscada / da que prepara Manolo'. / (E hai algún meniño tolo /que só pide 'lacoada'. / Sábese en toda a galaxia / sistema, mundo ou país / que guisa no 'Rias Baixas' / Manuel González Guldrís / pois non existe ninguén / en Londón, Roma ou Dakar / que querendo comer ben / non veña a Vigo a xantar / a este restaurante enxebre / onde o marisco é marico / e non hai gato por lebre; / onde non se corre o risco / dun precio desorbitado / e onde, por decir verdade, / hai un servicio esmerado / e un manxar de calidade. / Por eso está acreditado. / E así, dende o mundo enteiro / Xúpiter, Saturno, urano / e de parte do estranxeiro / veñen sempre ano tras ano / a visitar a Manolo. / Xentes amigas sen tasa / que beben con el un grolo / de viño e xantan na casa. / Vinde todos os que estedes / con tristuras cabizbaixas! / Alegres vos poñeredes / xantando no 'Rías Baixas'!


E así rematei os versos e que ogallá porten actualidade. Que teña sido feliz Manolo e os seus amigos. E saúde para todos.

Te puede interesar