Opinión

LEMBRANZA DE DON XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Don Xosé María Álvarez Blázquez, 'vigués' nado en Tui (1915), foi historiador e, ademais investigador- arqueólogo, profesor, conferenciante, xornalista, fabulista, poeta, novelista, editor e libreiro, fundador de revistas, galeguisla, académico e político galego.


Acadou unha chea incrible de importantes premios en tódolos ámbitos da súa polifacecia e, en fin. como non é doado resumi-la súa vida e obra en poucas liñas, abonde con dicir que foi unha das maiores figuras da creación e da cultura galega de tódolos tempos.


A súa úlltima función foi a de cronista oficial da Cidade de Vigo e xefe do departamento de Historia do museo municipal 'Quiñones de León' e antes, comisario de Excavacións Arqueolóxicas na bisbarra de Vigo. Por iso o monumento que o lembra está no paseo do seu nome, fronte ás vivendas castrexas.(do Castro.)


Don Xosé María rnorreu en marzo do 1985, cando máis del esperabamos pois adiábase na plenitude da madureza creacional. E a cidade non esqueceu o seu labor de recuperar a memoria histórica de Vigo.Non é tan sinxelo resumi-la súa vida e obra en poucas liñas, abónele con dicir que foi unha das maiores figuras da creación e da cultura galega de tódolos tempos.


Últimamente era cronista oficial cia Cidade de Vigo e xefe do departamento de Historia do museo municipal 'Quiñones de León' e antes, comisario de Excavacións Arqueolóxicas na bisbarra de Vigo. (Por iso o monumento que o lembra está no paseo do seu nome, fronte ás vivendas castrexas.)


O monumento proxecto de Lalo Vázquez Xil, (servidor moi entrañable de Álvarez Blázquez) promovido polo Instituto de Estudios Vigueses e o Concello vigués ós dez anos da morte do arqueólogo-, é a idealización dunha estela romana ?semellante ás que el catalogou nun descubrimento na rúa Pontevedra- na que.debaixo dun sol -símbolo da luz que ilumina a obra do chorado cronista?, leva un baixorelevo de bronce esculpido por Lalo e Lino Cao Santamaría, completándose o conxunto escultórico cun escudo vigués e unha placa do mesmo material na que reza: 'A Cidade recoñece e homenaxea a figura do que foi o seu Cronista D. Xosé Ma Álvarez Blázquez.. Vigo, marzo 1995.' A estela, de granito do país, e maila base miden tres metros de alto e o espesor da pedra é de 0,70 por 0,40 metros. O peso total é de 2.500 quilogramos.


Foi inaugurada, na presencia dos familiares de don Xosé María ?entre eles a súa viúva dona María Luisa Cáccamo?, membros do IEV. concelleiros e personalidades o día 18 de marzo de 1995.


Te puede interesar