Opinión

LAVADORES, CONCELLO ANEXIONADO

Un inquedo rapaz de Lavadores preguntoume cousas deste lugar, onde naceu, e el está pouco enterado dos seus faceres e, en resume, dos feitos, da su historia.


Conteille bastantes cousas e expliqueille onde pode atopar libros nos que se conta a historia ?ou as historias, se é que as precisa.


Para que vaia facéndose mándolle estas liñas e el xa verá o que precisa.


O Concello de Lavadores créase o ano 1836 ao se constituir na división territorial da provincia pontevedresa pola lei de 'Nueva Planta de los Ayuntamientos Constitucionales'.


Tiña 7.503 habitantes e as parroquias de S. Estebo de Beade, Santiago de Bembrive, Sta. Mariña de Cabral, S. Cristobo de Candeán, Sta. Cristina de Lavadores (capital), S. Andrés de Valadares e S. Mamede de Zamáns. (Pasou por moitas variacións ata quedar constituido.)


O presuposto era de 3.173 reás que adminis dous alcaldes, dous síndicos e oito concelleiros. A súa economía, máis que nada agrícola, co tempo vai mellorando con algunhas industrias. A maioría da poboación laboraba en Vigo. Tivo moito obrerismo e destacou na problemática loita contra os foros. Durante a II República, Lavadores radicalizouse e houbo grande presión empresarial -ata o cese do Concello, mesmo-. No 1936, Lavadores é moi esquerdista. (Chamoulle, a dereita torda, 'Rusia chiquita'.) Cando o alzamento militar houbo moitas represalias, moitas. Fíxose cargo do Concello unha xunta xestora moi do 'Réxime' (franquista que durou moito).


Isto todo, vai trae-la anexión a Vigo que partiu da moción dun alcalde lavadoreño -presionado polas forzas da dereita extremista-. Deixote para a historia o nome do concelleíro valente que votou en contra: D. Benigno González Martínez. (De calquera xeito Vigo e Lavadores -simbióticos- estaban condenados a ser unha urbe soa. Os límites e as xentes confundíanse.)


E máis nada. Mellor, non? Quen precise saber máis que vaia ao Arquivo Municipal de hoxe.


Te puede interesar