Opinión

Don Xosé García Barbón; ilustre e benéfico

Don Xosé García Barbón, filántropo e prócer natural de Verín (1831-1909). Foi un ilustre indiano que tiña na Habana un banco co seu Nome.

No 1884 retornou a Verín onde estivo vinte-dous anos axudando moito ao pobo: fundou escolas, comedores para os nenos e moitas bondades para seu queridos paisanos, aínda que se queixou de certa ingratitude local.

Logo máis tarde, xa en Vigo, mercou a finca “Vista Alegre” onde coa súa irmá, fillos e netos viviu unha longa tempada.

Tamén axudou aos vigueses erguendo edificios tan importantes e novos como a Escola de Artes e Oficios, onde parou a Universidade Popular e o seu anexo a Escola superior de Industrias, que costou máis de 750.000 pesetas de entón e a dotou de material de laboratorio, luz, biblioteca, etc (a escola anterior estivo na rúa do Circo, agora Eduardo Iglesias.

Levantou o edificio do seu Nome, onde estivo a Caixa de Aforros de Vigo, proxecto de don Antonio Palacios e gastou cartos abondo na Cociña Económica, Casa de Caridade, Hospital, Asilos e outras caridades, así como ao Concello, Sociedade de Agricultores de Teis, etc. Pese a ser unha figura relevante para a cidade de Vigo, foi soterrado en Pereiró nun panteón moi sinxelo ainda que merecería máis.

O monumento que a cidade adicoulle na rúa do seu nome foi realizado polo escultor Asorey e foi inaugurado por Alfonso XIII no ano 1927.

A estatua poríase no solar fronteirizo ao edificio da Escola de Teresa Nuñell, a quen se lle compraría o devandito solar con certo tempo de localización provisoria, pois hoxe en día está situado no centro da famosa avenida.

Tamén o Concello encargou ao pintor Alfredo Souto un retrato do prócer no ano 1901, unos cuantos anos antes da súa defunción, polo que pagou 1500 pesetas e que se situou no Museo “Quiñones de León”.

Por su prodigalidade don Xosé García Barbón foi nomeado fillo adoptivo de Vigo no 1908.

Te puede interesar