Opinión

DON JOSÉ ELDUAYEN, MÁIS CA ENXEÑEIRO (2)

Se me deixades, agora mesmo contareivos cousas de Elduayen que...' 'Si, home... Primeiro eu que teño cousas novas e... ' E eu, cando...?' 'Non discutades, leñe... Imos falar todos.' (Cortou don Verísimo prudentemente e foi, a ver, o que empezou. Hai que dar exemplo decordura.... 'Xa, xa...):


-Deberiamos facer un resumo da vida de don Xosé. Que naceu en Madrid, que os pais eran de raigame nobre, non ricos e el estudiou moito e ben e se fixo...


-Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Xa o sabemos, don Veri... Escoite o que teño na moleira: Foi un dos homes que máis pulou por Vigo. Era deputado noso, no 1857 por primeira vez... Logo, xa, ministro varias veces, alcalde de Madrid, senador, etc. Unha figura política de gran categoría. E sempre trouxo cousas para Vigo. Chegou ser moi amigo de Cánovas del Castilllo, etc.


-Neses etcéteras podemos poñer que fabricou e dirixíu tódalas obras do tren de Langreo, o primeiroi feito por un español porque o de Madrid a Aranxuez e o de Barcelona estivo en mans de extranxeiros. En 1856 nomeárono Jefe de Construcciones Civiles do MInisterio de Gobernación.


-E dende aí subíu moito, verquéndose en Vigo. Arranxou todo o que empeza no Paseo de Alfonso ata García Barbón. El conseguíu a derriba da muralla...


-Que barbaridade! Se non se tirase tiñamos unha como a de Lugo, ¿non si?


-Non, daquela non se lle daba valor e gracias a eso creceu Vigo e tomou cara de cidade. Fíxose posible o seu crecemento. E quen pensades que consguiu o permiso e a 'pasta monei? E igual para os terreos do malecón gañados ao mar;, e o porto de ferro; a rúa do Ramal, hoxe Colón; e o ferrocarril Vigo a Ourense e a Madrid; o mantemento -noso- do Lazareto de San Simón e do goberno militar; 900.000 pesetas (daquela) para obras no ano 1891 e 300.000 máis no 1897; e a escala de vapores (por obligación)en Vigo...


-E o título de Excelentísimo para o Concello. E a apertura e aumento da rúas de Sombrereiros -logo Elduayen-; Ramal, Circunvalación as Avenidas, a cesión da batería da Laxe á cidade; e...


-E...xa está bén de cultura viguesa! Seica aquí non se bebe... Hoooome...!

Te puede interesar