Opinión

DON JOSÉ ELDUAYEN (E3)

Ao chegar hoxe á tertulia estaban barrenando os meus coleguis sobre todo e máis que nada polo exceso de sol.


-É que non chove nunca, rediez.


-Eso ocorre porque ti non traes paraguas dende hai xa uns días, Gorecho.


-Que terá que ver o meu paraugas coa chuvia-, enoxouse o Gore....


-Home, senón o traes que máis che dará que chova ou non. Hai que ser consecuente.


-Atención-, dixo don Víctor. Aqui non viñemos a falar de paraugas nin de choiva nin de cousas dos homes do tempo. Nos somos xentes de tempos pasados, neste momento. Viñemos hoxe a falar de don José Elduayen e Gorriti. Así que veña; quen fala primeiro?


-Eu-, dixeron tres vocees unísonas-. Veña; ti primeiro. E falou Goreccho.


-Sabiades que don Xosé foi quen rematou naqueles tempos a esclavitude? Sí, señor... Daquela aínda había esclavitude moi coidada polo antigos xerifalates, sobre todo en terras hispanoamericanas. E ata parece ser que algunhas aquí en España. Trás uns bos espiches nas Cortes, conseguíu que se dictaran leis para rematar esa vergoña.Ti be... Era un home bo en tódolos senrtidos, ou non?


-Sigo eu... ?cando lle fixeron a estatua coa que pasou a eternidade en Vigo...


-Non esaxere, home..


-Merece máis que iso. E xa ve: el non queria que a erguesen. E ao acto final non pudo vir por problemas políticos alá en Madrid.


-Poi agora, se me dan permiso a min dixo don Veísimo, tan sedrio. Vou contar unha anécdota., simpática. Un xenro de Elduayen, don Miguel López Carrizosa y de Giles, Marqués de Casa Pavón y de Mochales, que foi ministro varias veces, senador, congresista, home de empuxe e polivalente, con moitos cargos ben levados e con prestixio, que casara cunha filla de Elduayen, que morreu en Madrid no 1929 sen descendentes, parece que era moi lanzasdo e reformista e moi achegado a don José. Cóntase que as veces o seu ilustre apelido dáballe algun desgusto. Facendo de 'enfant terrible' na camara alta no ano 1893 o xenro de don José recibiu esta frase dun alporizado ministro: 'A súa señoría está completamente mochales'. As risasdeberon de acalar aos xogadores do Bernabeu, por doicir un campo moderno.


(Mochales chámase a quen teña perdido o xuicio. Un tolo, imos.)

Te puede interesar