Opinión

DERRUMBE DA COLEXIATA (CÁSEQUE)

Na tertulia, cando contei que este ano de 2013, é importante en manifestacións e festas puramente políticas conmemorando a Reconquista, houbo quen dixo ?don Víctor-, que como as relixiosas, en verdade, son arredor do Cristo da Vctoria, pois...


-Pois... mire ?dixo don Verísimo. A que non saben vostedes que o ano 1813 foi unha casualidade que na Igrexa Colexiata que non desaparecese un anaco moi grande de vigueses' e de Vigo? Pois escoiten. O 28 de marzal, estando todo o pobo e autoridades apretadas na igrexa durante o Santo Sacrificio da misa, ó chegar mesmo o instante do 'memento' de difuntos, resoou un inxente estampido que amedoñou a tódolos asistentes e celebrantes.


- Na función relixiosa co Cristo da Victoria e as autoridades e veciños?


Sí, señores... Vibraron os ámbitos, tremelicaron muros, paredes, columnas, xentes; abríronse gretas no teito e caíron nubes de po, anacos de pedras, terras; apagáronse as buxías e candieiros e as xentes nun grande berro uniforme ao principio e entrecortado logo, fuxiu espavorida, trompicando entre si, topando con tallos e reclinatorios, na percura da porta.


-'Que bárbaro', unificáronse os auditores para pedir un descanso e apurar o café, a copa e etcéteras.


-E aínda máis...Houbo esmagaduras, crocaduras, esnaframentos, caídas... pero ningunha mancadura acadou gravidade. Deus, Deus...! Que susto! Que berros! Que confusión! Que espanto cando veu ao chan un lenzo da parede da esquerda, cando se desgonzou a estribeira que sostiña o arco do coro e ameazou ruina o recanto do fronte e inclinouse a torre que se mantiña en pé de puro milagro... A xente deixou baleira a praza da Igrexa situándose polas Travesas do Mestre e da Escola, as rúas peqeniñas que xa non existen e houbo quen non parou ata chegar á Pescadería e outros seguiron correndo pola rúa Real abaixo.


-Gracias a Deus e ao Cristo da Victoria non houbo desgracias persoais. Non si?- preguntou e pregou don Xesús.


-Si. E, logo?; porque, moi sabiamente o Concello acordou derribar a Colexiata. O que contei foi verdade, non hai ningunha ficción. A Colexiata de agora é nova.


-Canto sabe vostede, don Verísimo.


-É que soño moito, a ver...


Te puede interesar