Opinión

UN CREGO DE CATEGORÍA (Y 2)

Seguimos co cura Don Manuel Acuña y Malvar, que desde a decepción que lle causou a vitoria -menos que pírrica-, contra os franceses aínda que o seu ?por asi decilo-, catecismo era puramente liberal e as forzas hispanas do rei Fernando VII eran absolutistas, tomou a decisión de combater contra todos os causantes do pecado de esquecer o bo de guerra para voltar a caer nas mesmas mans sen enxaugar.


En castelán foi autor de varios folletos de índole política, sempre defendendo posturas liberais, que se titulan 'Censura e impugnación de los 'Sucesos militares de Galicia en 1809' que ha dado a luz en diciembre de 1811 el coronel D. Manuel García del Barrio, Cádiz, 1812, Oficio que ha pasado el señor canónigo D. Manuel Acuña y Malvar, en 31 de marzo de 1813, al Excmo. Sr Marqués de Campo Sagrado, comandante general y jefe superior de Galicia (Santiago, 1813), folleto no que recorda ao comandante xeral o deber de cumprir o decreto que obrigaba a disolver a Inquisición, La constitución violada y mala fe guardada: o bien sea la punible, injusta, despótica, tumultuaria, grosera, escandalosa, temeraria, ratera, atrevida, extravagante, cismática, ridicula, provincialista, quijotesca, intempestiva, zafia, degradante, farolera, clandestina, godoyana, antipolítica, antirreligiosa, anticonstitucional, anticanónica, antipatriótica y nula posesión de cuatro prebendas que ha dado el Cabildo de Santiago en 24 de marzo de 1813 por contemporizar con el arzobispo, Santiago, 1813, Aínda hai que engadir o folleto editado en Cádiz en 1813 co título 'Representación que hace a S.M. al Congreso Nacional el Lcdo. D.... quejándose del proceder escandaloso del M. R. Arzobispo de aquella diócesis, de los atentados que ha cometido y comete contra la soberanía del pueblo español. E o 'Oficio que ha pasado el señor canónigo D. Manuel Acuña y Malvar, en 31 de marzo de 1813, al Excmo. Sr. Marqués de Campo Sagrado, comandante general y gefe superior de Galicia ademais de indicar que estaba a escribir unha 'Historia Militar de Galicia en 1809', da que non se coñece a súa existencia.


Mágoa de que non exitisen máis homes como este cura valiente.)

Te puede interesar