Opinión

UN CREGO DE CATEGORÍA (1)

Chega a Reconquista falamos dos que loitaron ?xeralmente coas armas ou co poder-, para contar a historia que logo se ofreceu, segundo uns gañadores, que eran 'moi de dereitas', aínda que fixeran a Constitución, en Cádiz, moi valente para aqueles tempos, pero poucO revolkucionaria.


Quedou xa, antes de que chegaran os 'Cen Mil Fillos de San Luis ?de novo coa a axuda francesa-, a desmontar todo o tinglado que se conseguira na guerra popular e volver mesmo a organizar outra vez a Santa Inquisición Para que rodo o país funcionase cun tipo de goberno totalmerte absolutista.


Só hai na historia alguén que está criticando esta marcha atrás ?apoiada pola igrexa e polos ricos, poderosos e donos de maioría dos predios e terreos que constituían a paisaxe do país español.


Foi este gran liberal o cura don Manuel Acuña y Malvar, que era natural de Salcedo, en Pontevedra, nado no1757 e morto en Ribeira (1845).


Este sacerdote liberal foi párroco en Carreira e pasou varios anos recluido, 'por político', no seu pazo de 'La Soledad'. en Ribeira, onde faleceu, Foi soterrado ao día seguinte da súa morte na porta principal da Igrexa de San Paio de Carreira e o seu funeral tívoo na Igrexa de Artes coa asistencia de trinta e sete cregos.


Contra o que era costume fxo herdeiros aos sobriños, sen deixar manda ningunha para obras pías, como soían facer os curas da época. Estaba en posesión da Orde de Carlos III.


Cóengo de Compostela en 1792, e arcediago de Santiago en 1795, loitou contra os franceses e contra o absolutismo, organizando en 1809 o levantamento de toda Galicia e participando nas reconquistas de Vigo e Tui.


Pero os 'carcas' absolutistas taparon canto puideron a boca e máis a pluma de Malvar pese a que defendeu as súas teses liberais en xornais como


Te puede interesar