Opinión

Cousas de Gorechiño

Algún de vostedes lerá galego e mesmo o falará, digo eu, -explicaba Gorecho a un grupo de señores de certa idade-, que xeralmente utilizaban a lingua española e a galega segundo con quen parolaban ou no lugar no que se encontraban.

O grupo muxíu un pouquiño pois non entendín se aquelo era serio ou andaba Gorecho con alguha carallada das súas para expoñer o seu humor picante (pero cordial).

Porque igual que casa de dúas portas é mala de gardar pásalle ao noso idioma e se falamos seriamente defendamos o galego como noso moi oficialmente. (Explicábase).

E o triste é que estamos toda a vida pulindo a linguaxe para que dunha vez, non absoluta pero iso e moi difícil, pero si limpa de musgos ou brillantísimas exposicións verbais que non encaixan absolutamente na máis grande parte dos galegos sinxelos.

Pero para iso de mellorar o idioma están os eruditos -di Gorecho e segue-, e habería que botar fora da nosa terra, -¿nosa absolutamente?-, a moitas boas persoas inocentes. Non existe a pureza e ningunha lengua é menos valiosa de quen viven en terreos que foron utilizados polas boas ou polas malas e as maneiras de falar están sempre apoiadas nas verbas do que máis peso teña no terreo no que se vive).

E de pronto un home de media idade deixounos un pouco parados porque preguntou que quen era ese Gorecho.

Gorecho puxo cara de peixe do Caribe. Ou sexa: alargada e face e os ollos moi abertos mirando ao señor preguntón.

-Non me coñece, señor suyo? Pois mire eu son un home moi famoso que agora vai perdendo a amizade dos moitos vigueses intelixentes. Entre eles vostedes, ¿non si?

-É que eu sonlle de fóra. Pero pídolle perdón se o teño ofendido.

-Faltaría máis!, amice. Venme ben o seu trato porque millorará aos noviños na tertulia.

E entón explicou para todos, que hai uns días unha señora chamou a súa casa preguntando por el pois quería facerlle unhas preguntas culturais que publicaría nunha revista.

E Gorecho con cara leda espallou:

-Pois é ben sinxelo atopar comigo. Xa sabe onde está o teléfono. Que me chame cando queira.

E sen máis saudou aos tertulians e dixo:

-Voume, pois non quixera que a dona non me atopase. Poderíalle contar cousas importantes. Para iso estamos, non si?

(Co que se amosa que Gorecho sempre está ao servizo de todos...)

Te puede interesar