Opinión

Cidadán merecente: Elduayen

Hai uns días na nosa tertulia eleváronse algunhas voces, cada unha coa súa xustificación, e hai que pensar despois de discutir sobre se estaban ben adxudicadas as pracas que sitúan co nome dun vigués, ou dun foráneo, que merecen, segundo o Concello, que aproba ben o mal a titulación dunha rúa, unha praza ou mesmo uns xardíns.

Sempre advirten con protestas ao poñer ese norme que segundo algúns vigueses non lle vai ben á parede da rúa, pero haI que ter en conta que quen definitivamente aproban a concesión, son concellais que foron elexidos para unha tempada (ai, exclamará algún cidadán como xesto ao tempo), e quen manda manda. Suponse que estará ben nomeado o premiado.

Ben; pero ao noso. Primeiro criticouse para mal a algúns prohomes que non gustaban aos vigueses de agora. Pero a Historia manda e non é cousa de estar toda a vida co “este si, este bon”.

O caso é que despois de moito falar pasamos a un remanso e ao final vimos que tiñamos moitos esquecidos inxustamente aínda que o seu nome luce en mármol.

Entón pensouse que cada día de abondosa asistencia poderiamos falar un anaqiño de tempo dun prohome honrado por Vigo. E así foi. E hoxe falouse de don Xosé Elduayen Gorriti.

Foi un dos homes que máis pulou por Vigo. Era enxeñeiro e diputado por Vigo por primeira vez, ministro en varias ocasiones, senador, etc. Gracias a el debeuse o desenvolvemento de Vigo, co derrubo das muralla necesarias para o avance necesario, sendo daquela diputado.

Tamén os terreos do malecón bañados ao mar e o porto de ferro. Máis: a rúa do Ramal, hoxe Colón; o ferrocarril Vigo a Ourense e a Madrid; o manter noso do Lazareto de San Simón e do Goberno Militar. E máis diñeiro. 900.000 pesetas para obras portuarias no ano 1891, e 300.000 máis no 1897; a Escala de Vapores de Filipinas a Vigo e o título de Excelentísimo para o Concello vigués.

Apertura e ensanchamento da rúa de Sombrereiros –logo Elduayen-; Ramal, Circunvalación, apertura das Avenidas, a cesión da batería da Laxe á Cidade; a Capela do Cemiteiro de Pereiró; o Hospital do Carme; as estradas Vigo-Baiona e a Guarda. E Benavente a Mombuey, necesario para unir Vigo a Madrid; cartos para rematar as torres da Colexiata, etc.

En fin; Nicolás Taboada Fernández, escribíu unha biografía dedicada a este “Gran vigués.”

Te puede interesar