Opinión

Carolo, tranquilo de novo

É verdade. Parece que o lambón que cada vez que arranxabamos a estatua , polo machado, tirábanos e deixaba a Carolo coa vara só. A ver se esta vez vixiamos a ese guicho.

Carolo, tiña as forzas absolutas do seu entrenamento laboral, pois era pescador - o di a tradición e daquela o choio era aínda máis duro que onte.

E así, foi o heroi principal, xunto con 'Cachamuiña', os cales enardeceron aos compañeiros no ataque á porta da Gamboa o 28 de marzo de 1809.

Pero hai máis lenda e misterio sobre este personaxe. Sábese que intentou rachar a porta e foi morto polos disparos franceses, que tamén feriron gravemente ao militar Bernardo González del Valle, alias 'Cachamuiña', (nome da aldea onde naceu).

A Carolo uns historiadores fano mariñeiro e outros ancián, aínda que puídese ser as dúas cousas pois daquela tíñanse por vellos aos que rebasaban os cincoenta anos, mentira ista confortante a quen cruzaban o paso de medio século.

Este feito o contan Tenreiro e más Cachamuiña nos seus informes: morreu cando esnaquizaba a machadazos a Porta da Gamboa.

Históricamente, a Carolo non se lle coñece nome seguro. Quizáis sexa un hipocorístico de Carlos. (Un carolo vén sendo un anaco de pan duro coa codea.) Ao mellor referíase á dureza do pescador ou quizáis ao valor pois 'carolo' tamén é un paxaro mariño moi audaz.

O escritor Pérez Carvajal chámao José Fernández, e D. Avelino Rodríguez Elías, que foi cronista da cidade de Vigo, apelídao Martínez Obelleiro, pero ningún dos dous escritores documenta estas aseveracións.

Carolo está en pedra, co torso nú, rachando a porta da muralla, monumento da Praza da Independencia.

(E aproveitemos para desfacer uns equívocos: Hai xente que coida que o militar encaramado coa bandeira no plinto pétreo é

Cachamuiña. E non: é Pablo Morillo. Os máis inventores opinan que o personaxe coa machada tamén podería ser D. Bernardo que se houbese despoxado da guerreira para máis facilidade de movementos. E Carolo non estaría alí.)

Pero... non outra vez. Son, sinxelamente, lucubracións. No monumento viven para a fama Morillo e Carolo. E a fermosa estatua da Victoria.

(E advirto: o machado como arma ou racha portas que Carolo usa no monumento foi varias veces obxecto de robo. Uns depredadores tiráronlle a folla cortante. Así cunha vara só non hai quen tire unha porta reforzada. O caso é que a Carolo nesta postura de golpear á porta que non recibirá o golpe forte e cortante. Algún bromista comentaba: 'En realidade o heroe está chamando co mango do machado para que saían fóra se son valentes'.)

Te puede interesar