Opinión

DÍA DO SEMINARIO

Por estas datas faise algunha que outra referencia ao sacerdocio e aos sacerdotes. Uns recordan a súa necesidade, tamén hoxe; outros refírense a eles para esixir fondas renovacións. Uns para recoñecer, agradecidos, o seu labor; outros para lamentar que non actúen de distinta maneira. Uns para apoiar un servizo que consideran indispensable; outros, para criticar accións que estiman retrógradas e sin sentido actualmente.


Tócanos aguantar moitos tópicos, tamén neste ámbito. Absolutízanse unhas cuantas palabras e desprézase desairadamente todo o que se considera alleo a esas realidades. Para que se me entenda ben, invito a facer a consideración que acabo de suxerir coa palabra 'progreso', por exemplo. Non se explica o que é nin o que por ela se entende; pero ¿quen se atreve a discutir a súa afirmación, as súas vantaxes, a súa imprescindible aportación á humanidade? Mesmo se converte en bandeira de grupos para censurar a todos os que pertencen a outras agrupacións considerándoos como auténticos cavernícolas, retrógrados, reaccionarios...


Tócalles aos sacerdotes seren frecuentemente branco destas críticas e diana de semellantes disparos. Nada orixinal, nada novo; xa llo indicou Xesús aos seus apóstolos: se a min me tratan así... non ides ser vós máis ca o voso Mestre.


¿É todo este ambiente o elemento que retrae o sí xeneroso dos mozos de hoxe en día, o que reduce o número de sacerdotes? Hai outros moitos factores máis decisivos. E, desde logo, para comprender ben o sacerdocio e as súas implicacións é indispensable situarse no ámbito da fe e da relixión.


O Día do Seminario ven sendo unha chamada a todos os crentes. Que nos di a nós o Seminario, a Igrexa, o Sacerdocio, os sacerdotes? Somos nós dos que pensamos que son cousas caducadas? Ou simplemente 'pasamos' do tema? É necesario que oremos, e necesario que nos impliquemos todos moito máis

Te puede interesar