Opinión

Cidadáns escravizados

Nunca me gustou a escravitude. Ó día da data sigue sen gustarme. Antóllaseme atroz que un ser humano poida ser amo e señor de moitos outros seres humanos e, no mundo no que vivimos, aínda hai xentes que viven en verdadeiras condicións de escravos. Pero, se atroz se me ofrece a posibilidade de que unha persoa poida ser amo de moitas outras, case que me parece peor, moito peor, que unha persoa poida ter moitos amos. E non sei se imos camiño deso e, o que aínda é máis de lamentar, que o fagamos tan a gusto.
Que un pobo tan culto como en liñas xerais é o alemán, un enxame humano do que, os máis destacados dous seus filósofos, nos axudaron a pensar por nós mesmos como eles o fixeron puido emprender o voo colectivo que o conduciu ó nazionalsocialismo hitleriano é un misterio que por moito que mo expliquen e o acepte non o dou comprendido na súa integridade. Cómo tamén é posible ca outro pobo, como é o ruso, que alumeou mentes coma a de Tolstoi ou Dostoievski, camiñara cara ó comunismo soviético, é algo que tamén podo comprender se leo Historia pero que escapa á miña capacidade de comprender como un pobo se converte e rabaño e acepta vidas de escravos.
Quizás se deba a que quenes guiaron enxames e rabaños souberon espertar uns sentimentos contra os que ningún razoamento foi capaz de lle facer fronte. O nacionalismo é, máis ca outra cousa ningunha, un sentimento, a profesión dunha fe, o exercicio dunha fonda convicción contra a que a razón non pode nada. Os pobos están compostos por xentes e cando unha persoa non levanta cabeza e se deprime o sentimento de auto aniquilación que se lle esperta non hai razón que llo atalle. Cando alguén se separa pode facelo pola brava, ir a por tabaco é non volver por casa en aras dun sentimento que o xustifica todo ante si mesmo. Pero se ben pode facelo así, a razón indica que o correcto é acudir ó xulgado e pactar as condicións dese divorcio. E por suposto que unha vez nel, unha vez no xulgado, non vale dicir voume e amén e non me poña condicións que o meu sentir indícame que me podo ir sen ningunha necesidade delas. E a ver quen lle di algo que o contraríe. A fe move montañas, é ben certo e ben certo é tamén que un ten dereito a querer e poder ser el mesmo; pero tal querenza estará sometida, digo eu, ó dereito dos demais membros desa familia ou desa sociedade a que continúen sendo tamén eles mesmos de acordo cunhas normas que foron aceptadas no seu momento sen á que chegado o caso fose, a forza da razón e non a do sentir, a que as cambiase ou superase. É así cando uns poucos teñen moitos escravos. O contrario é cando os bancos, as multinacionais, as grandes corporacións ou mesmo a burocracia estatal teñen escravizados a todos e cada un dos seus cidadáns, un por un, ata a exasperación e o desamparo. Por cal sendeiro camiñamos?

Te puede interesar