vigo

Xela Arias, a ‘escachadora’ de palabras con talento e rebeldía

O Día das Galegas nas Letras reivindicou a figura de Xela Arias cunha xornada festiva no Castro.
photo_camera O Día das Galegas nas Letras reivindicou a figura de Xela Arias cunha xornada festiva no Castro.
A plataforma feminista de crítica literaria, A Sega, adicou á poeta viguesa a sexta edición do Días das Galegas nas Letras
nnn “Niguén é capaz de contela, nin sequera o texto; o universo enteiro ábrese no seu puño contido”. Así, comezou Andrea Nunes a lectura do manifesto polo Día das Galegas  nas Letras que este ano a plataforma feminista A Sega adica a Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003). O acto tivo lugar no parque de seguridade vial do Castro.
“Escollémola primeiro como un recoñecemento ao seu traballo como poeta, foi unha renovadora da poesía que rompeu coa lingua e as formas, considérase por elo un referente da súa xeración; pero tamén é un premio polo seu labor de traductora, foi un xeito de normalizar a lingua, traendo ao galego obras da literatura universal e finalmente, porque hai algún tempo que leva soando o seu nome como autora do Día das Letras Galegas, o ano pasado fixemos campaña por ela, pensamos que xa lle chegou a  hora”. Estas son as razóns polas que, segundo Andrea Barreira, as dezaséis integrantes da Sega apoiaron a proposta de Xela Arias. Nun posto, amosaba os libros publicados pola viguesa e “Poesía reunida”, de Edicións Xerais, 2018 en sinal de reivindicar a súa obra.
“Retorceu a palabras, escachounas; e no seu xesto incomensurable aliméntanos coa anacos para converternos nós tamén en  escachadoras, para espallar a súa rebeldía e talento incomparable, como espallamos a aprtir de hoxe o seu nome que tamén é noso”, continuou Nunes. Dúas Gamberras e un micro (Vanesa Glemsel e Nuria Vil) fixeron seus os versos de Xela: “Non hai; si que non hai idioma abondo; non hai idioma abondo para recoñecérmonos”. Mesturáronos coas súas creacións e improvisaron en interactuacións cos asistentes. “O xeito de escribir de Xela contribuíu a nosa unión na procura dunha vía de expresión”, apuntou Glemsel.
Música e poesía lembraron onte en Vigo a Xela Arias, ao tempo que puxeron en valor o seu legado poético. Un roteiro polo Castro, guiado por Susana Aríns, abríu as xanelas tanto a súa figura como a súa obra. Con catorce paradas, inspiradas pola contorna, estableceu vencellos entre o eido e a poeta. Así, o poboado castrexo converteuse no lugar onde as bruxas celtas dos seus sonos celebraban os aquelarres; as áncoras de Rande transformáronse na porta cara a praia onde axudou a limpar o chapapote do “Prestige”, traxedia sobre a que escribíu un poema e contra a que loitou activamente  ou o miradoiro sobre o porto vigués, no que contadora a imaxinou collendo un barco para viaxar por Europa “aprendendo idiomas e traéndonos as historias doutros países”.
Versos como “Hasme oír” de “Intempériome” (2003) reproducíronse en camisolas decoradas por Nuria Vil. Música, poesía e regueifa contribuiron a facer presente a Xela Arias nun acto no que acudíu a súa familia . O seu fillo, Darío Gil, recibíu un recordo de irmanamento entre Xela Arias e Rosalía de Castro. 
Este quixo ser o primeiro paso  cara o Día das Letras Galega adicado á poeta viguesa.n

Te puede interesar