traiñeiras liga galega a

Vitoria e liderado de Tirán

A tripulación de Tirán Pereira acadou onte a vitoria na primeira xornada de Vilagarcía.
photo_camera A tripulación de Tirán Pereira acadou onte a vitoria na primeira xornada de Vilagarcía.
Ares remata última por entrar pola baliza equivocada con Samertolameu na segunda praza

Un erro que troca a tempada. Ares, líder ata a regata de onte, cruzou a liña de balizas polo rego que non lle correspondía e foi relegada á última posición na primeira xornada da Bandeira Concello de Vilagarcía, de forma que perde o liderado da Liga Galega e a clasificación apértase ata o extremo coas catro primeiras traiñeiras en tres puntos. 
A vitoria foi para a "Mar do Con" de Tirán Pereira, que agora lidera a xeral con 47 puntos por diante de Mecos Isabel (46), Samertolameu (45) e Ares (44). Ata o erro da traiñeira de Ferroltera, a proba marchaba polo seu camiño habitual, con Ares mandando dende o primeiro longo, aínda que onte con menos renda da habitual. Ó paso polo ecuador da proba tiña tres segundos sobre Tirán e catro de adianto con Mecos. Non obstante, o barco moañés recortou no terceiro rego e presentouse un último decisivo. Pero Ares fallou, entrou pola baliza equivocada e caiu ó último posto. Á diferencia da Liga ACT, na Liga Galega a entrada non é libre. É obrigatorio manterse na rúa. Por detrás, Samertolameu mantivo o ritmo a pesar de marcar o peor tempo da quenda de honra na segunda e na terceira baliza, para superar a Mecos e continuar na loita pola primeira e a segunda posición na clasificación da Liga Galega. Pola súa banda, a tripulación grovense xa acumula dúas probas nas que non é capaz de superar ós compañeiros de quenda e parece perder certos folgos.
Por detrás, a Liga Galega entra noutra dimensión. Vilaxoán, que comezou a tempada preto do grupo cabeceiro, onte xa cedeu máis de medio minuto. Un golpe moral notable para a traiñeira organizadora da Bandeira Concello de Vilagarcía. Na loita por evitar o descenso directo, Muros foi superada por Amegrove e cae á última praza da liga a un punto do seu principal rival. Ocupa a posición que conduce de xeito directo a Liga Galega B. 
Deste xeito, hoxe vivirase un novo capítulo na división de honra do remo autonómico no mesmo campo de regatas (12:00) coa segunda xornada da Bandeira Concello de Vilagarcía. O contexto é completamente diferente ó vivido onte porque agora Ares, a tres puntos de Tirán Pereira, debe remontar. Un segundo inicio de tempada.

Coruxo recupera a terceira posición 

Esteirana e A Cabana mantiveron unha fermosa loita.

nnn A traiñeira de Coruxo finalizou onte na terceira posición na Bandeira Concello de Cangas de remo e recupera esta posición na clasificación xeral da Liga Galega B cos mesmos puntos que Cesantes, onte cuarta na localidade do Morrazo. 
A loita por esta posición, que pecha os postos que permiten disputar o 'play-off' de ascenso a Liga Galega A, é unha das principais da tempada na última categoría do remo galego. Por diante de vigueses e redondeláns vívese outra batalla, a que dirimen A Cabana e Esteirana polo título e o posto de ascenso directo. Onte acadou a vitoria o barco de Ferrol e gaña renda na cabeza da táboa ó separarse dous puntos do seu opoñente. Unha renda que é importante porque a Liga Galega B ten un número baixo de regatas e as opcións de remontar están moi limitadas.
Por outra banda, a tripulación de Chapela asinou onte a súa mellor regata da tempada coa sexta posición e avanza ata a oitava praza na Liga Galega B. Vila de Cangas marcha penúltima por diante de Mugardos.n

Te puede interesar