O festival Outono Fotográfico instáurase en Vigo ao chegar a 31ª edición, rachando cunha irregularidade: era a única cidade sen exposicións. Nesta ocasión, a partir do día 13 haberá sete mostras con 19 autores

Vigo entra no outono fotográfico

Roi Alonso Padín: edificio en Navia. Estarán no COAG o día 13.
A presentación do Outono Fotográfico no seu estreno en Vigo farase este luns, día 11, na sede viguesa do Colexio de Arquitectos de Galicia. Participarán Antonio Davila, dos arquitectos; Xosé Loi Vázquez, director do Outono Fotográfico; Rita Ibarretxe, coordinadora do festival en Vigo e Roi Alonso, autor da exposición 'Fragmentos', que será a primeira en abrir o día 13 ata o día 30.
En paralelo, Álvaro Laiz e David Rengel presentan 'Future Plans' en JT Photogallery Vigo (11 novembro ao 10 de xaneiros), en Abeleira Menéndez 13. Ata o 26 de novembro estará o colectivo Punto 11 con 'Es de día en Australia' na sala de exposicións do BBVA'. Do 15 de novembro ao 13 de decembro en Detras do Marco, o colectivo Arte K3 con 'Estreno Photo', e ata o 30 de novembreo Xosé Reigosa Piñeiro con 'De Marbella a Torremolinos' e do 5 ao 28 de decembro Pablo García Llamas con 'Ano' en Expo Galería Arte (Isaac Peral 12 7A). Finalmente, Rizo e Esteirán, no Centro Cultural Novaxaixa (Policarpo Sanz 24-26) con 'Galicia entra na Modernidade', do 17 de decembro ao 25 de xaneiro.

Segundo sinalaron os organizadores, a 31 edición do festival galego de fotografía segue coa expansión e sitúase á altura dos grandes eventos fotográficos mundiais co lanzamento do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. O festival aposta neste outono pola consolidación da Sección Oficial, nacida o pasado ano para equiparalo a outros festivais de todo o mundo, na procura da modernización e a profesionalización. Así este ano, a Sección Oficial conta con 37 exposicións espalladas polas catro provincias, en Portugal, e, como ven sendo habitual en Barcelona, onde tamén gaña espazos expositivos.

Curadores como Rui Prata, Ángel Calvo, Carolina Martínez, Manuel Sendón ou Tono Arias, traballaron man a man con autoras e autores como Martin Parr, Aude Léonard, Antía Moure, David Catá, Cynthia Nudel, Xulio Correa, Juan Adrio, Luisa Dörr, Ian Welder, David Alan Havey, Alec Soth, Rosa Muñoz, Félix Fernández ou Gaüeca, entre moitos outros. Polo que a Sección Oficial do festival segue a procurar a excelencia polo camiño da arte con autoras e autores nacionais e internacionais de recoñecido prestixio.

Asemade, nesta edición fíxose un esforzo pola busca de ligazóns entre outros festivais, tratando de acadar unha rede internacional. O resultado é o intercambio de exposicións que se establece co festival Encontros da Imagem de Braga, o iNstantes de Avintes (Portugal), o Paraty em Foco de Rio de Janeiro, e amplíase a colaboración co Fòrum Fotogràfic de Barcelona.

Na 31 edición gaña espazos expositivos que suman xa 99, e establécese nas sete cidades galegas. O crecemento xeográfico fóra de Galicia, faise patente non só no veciño Portugal, senón tamén levando exposicións ao Bierzo. Suma 126 exposicións nas que participan 506 autoras e autores. Conta cunha financiación pública do 67% equivalente a 22.500 euros do Concello de Ourense e a Xunta de Galicia, e tamén do Campus de Ourense e do Concello de Santiago. n

Te puede interesar