celta

Un partido de despedidas

Gustavo Cabral son dous dos adeuses máis factibles.
photo_camera Gustavo Cabral son dous dos adeuses máis factibles.

A última xornada de Liga de cada tempada abre a posibilidade de que sexa o último partido dalgúns dos xogadores nos seus actuais equipos. E o Celta, lóxicamente, non é unha excepción.

En torno a unha decena de futbolistas poden vivir mañá en Balaídos o seu último partido coa camiseta do equipo vigués, con historias e relacións moi diferentes co club.
Os máis representativos, sen dúbida, son Sergio Álvarez e Gustavo Cabral. O primeiro ten contrato para o vindeiro ano, pero o Celta pode cortalo nos 20 días seguintes ó final de Liga, xa que non chegou a xogar 19 partidos. Pola súa banda, Gustavo Cabral remata a súa relación contractual co club, que non contaba con renovalo. So o bo rendemento dado polo arxentino nas últimas semanas pode variar a situación.
Serían, de producirse, as dúas despedidas máis sentidas. Sergio entrou no Celta na idade xuvenil e vai cumprir 33 anos este agosto. É xa o terceiro porteiro na historia do equipo celeste con máis partidos en Primeira (130), só superado por Javier Maté (148) e Francisco Simón (152). Cabral leva no equipo dende o último ascenso e nas últimas sete tempadas converteuse no quinto estranxeiro con máis partidos en Primeira co Celta, con 190.
A partir de eles dous, aparecen máis nomes. De entrada, os catro xogadores que están cedidos esta  campaña en Vigo. Boufal e Hoedt pertencen ó Southampton, Boudebouz ó Betis e Olaza ó Boca, aínda que no contrato deste último xa se falaba do próximo curso, segundo a prensa arxentina. Boufal e Boudebouz non desgustaron, pero ambas operacións, sobre todo a primeira, suporía un desembolso demasiado elevado para o Celta, semella.
Outro grupo son os futbolistas vendibles. Neste verán, o case único é Maxi Gómez, que ten moitos pretendentes con cartos e sería unha sorpresa maiúscula que non saise. O uruguayo marchará pero non está tan claro que o faga Lobotka, con moito mercado o pasado verán pero quizais menos desexado no actual.
E, por último, un grupo de xogadores con pouco peso no equipo esta tempada e que poderían marchar, como Emre Mor, Pione Sisto, Hjulsager, Kevin ou Jozabed.n

Te puede interesar