traiñeiras liga galega

Triple vitoria para Coruxo

Os remeiros de Coruxo fixeron unha fotografía conxunta coas bandeiras gañadas onte en Mugardos.
photo_camera Os remeiros de Coruxo fixeron unha fotografía conxunta coas bandeiras gañadas onte en Mugardos.
A "Fontaiña" gaña en Mugardos e o bote feminino, compartido con Mecos, conquista a Liga

Mañá histórica para Coruxo no concello de Mugardos, no interior da ría de Ferrol. O equipo vigués gañou dúas bandeiras e acadou e certificou o título da Liga Galega, neste caso na categoría feminina. Iso si, en mulleres comparte as conquistas co club grovense de Mecos.
Na cita disputada no norte galego, as correntes obrigaron a cambiar o formato de competición e celebrouse unha regata en contrarreloxo pola segunda baliza do campo de regatas debido a que a organización careceu de capacidade para establecer unha liña de boias fiable, sen diferencia de distancia entre regos. A isto engadiuse que a proba foi a seis longos con cinco ceavogas, dúas máis do habitual.
En mulleres, a traiñeira de Mecos Coruxo, que tamén dispón de remeiras procedentes de Samertolameu, recuperou as mellores sensacións do ano para acadar unha vitoria clara por diante de Cabo da Cruz. A resistencia do barco de Boiro, que a pasada semana superou ó da provincia de Pontevedra, limitouse ó primeiro longo. A partir de aí, a "Mequiña" marchou en solitario cara a vitoria na Bandeira Reganosa e, co triunfo, pechou o título da Liga Galicia Calidade, a categoría feminina do remo galego, a falta dunha regata. No que vai de curso, a embarcación viguesa-grovense asina seis vitorias de sete regatas, ó que engade o triunfo no Campionato de España. Unha traxectoria que invita ó optimismo e as remeiras xa teñen a vista posta na elminatoria da Bandeira da Concha, que se disputa o vindeiro xoves 29 de agosto. Alí buscará estar entre as sete embarcacións máis rápidas para entrar na coñecida como 'Olimpiada do remo'. 
Na loita pola segunda praza, Tirán Pereira obtivo a terceira posición para superar a Perillo na clasificación xeral, mentres que Chapela gañou onte a Mugardos e loitará por abandonar o último posto da competición. 

Vitoria da "Fontaíña"
Por outra banda, a Bandeira Concello de Mugardos constituía a última regata da Liga Galega B porque a vindeira semana, no marco do Teresa Herrera coruñés, disputase o 'play-off' de ascenso e permanencia co seugundo e terceira desta categoría e o penúltimo e antepenúltimo da primeira división.
Polo tanto, pechábase o curso e tiña como principal interese determinar a tripulación que ocupaba a terceira praza porque A Cabana tiña unha renda ampla no liderado da categoría e tamén o marxe era amplo para Esteirana. Ambos barcos evitaron unha eliminación, o único que podía facilitar un cambio de lugar na xeral.
Deste xeito, Coruxo chegaba cun punto de renda sobre Cesantes ata a Ría de Ferrol e viviuse unha xornada de auténtico infarto porque o barco vigués e o de Redondela saíron ó auga moi motivados e nas primeiras balizas marcaban os mesmos tempos que as traiñeiras que encabezan a xeral. A loita pola regata e por estar na regata polo ascenso era cuestión de segundos, incluso de centésimas. 
Durante tres longos, dunha regata a seis, as traiñeiras intercambiaronse as posicións de xeito constante e viraban nunha escasa marxe de un ou dous segundos ata que chegou o erro de Cesantes. O barco de Redondela virou nunha baliza que non lle corespondía, a pesar de que as inutilizadas carecían de bandeira. O patrón trabucouse e quedou fóra de regata a súa traiñeira e. Deste xeito, a terceira praza pasaba a mans de Coruxo.
Aínda así, os remeiros da "Fontaíña" mantiveron o ritmo e a calidade no seu vogar porque no segundo treito de proba marcaron os mellores parciais para facerse coa vitoria, a segunda consecutiva e as dúas únicas do ano. Un resultado que indica que os pupilos de David Serodio chegan en bo momento de forma para loitar a vindeira semana polo ascenso á Liga Galega A. Terá como rivais a Esteirana, que onte cruzou a chegada a tres segundos, e a Rianxo e Muros, da máxima categoría autonómica. 
Chapela obtivo onte a sexta praza tras iniciar a liga en posicións retrasadas, pero remontou ata a sétima praza na xeral. Unha situación distinta a de Vila de Cangas, o pechacancelas.n

Te puede interesar